A verdade é que estabamos convidadas a unha sesión partillada con Clubs de lectura, mais á nosa rapazada de secundaria deulle por ir de viaxe a Guimaraes xusto no mesmo día, polo que tivemos que nos "conformar" con visitar o Salón outra mañá...
Fomos todas xuntas, só que en Pontevedra fixemos actividades diferentes as Grandes e as Medianas.
As Grandes marchamos para o Museo de Pontevedra...
|
E visitamos a exposición Pintacuentos. | |
A expo recollía unha chea de traballos de ilustradoras e ilustradores mexicanos, que era o país convidado no Salón do Libro.
|
Itziar Ezquieta, que o sabe todo de ilustración, fixo de guia para nós. |
Despois de recorrer o espazo, propúxonos un xogo:
|
Onde están? |
Entregounos tarxetiñas con pequenos deseños e tiñamos que localizar a ilustración da que facían parte.
Iztiar enganounos! Conseguiu que voltáramos recorrer toda a exposición con moita máis atención!
Despois convidounos a exercer de ilustradoras: escoller o traballo que máis nos gustase e facer un boceto inspirado no mesmo.
|
Tomamos a proposta en serio. |
|
Moi en serio! |
|
Temos gustos moi persoais... |
|
... ou moi compartidos. |
|
Mesmo é probábel que naza algunha estrela... |
Para acabar a mañá voltamos ao Pazo de Congresos para visitar o salón...
|
Dispostas! |
|
Coñecemos os traballos das escolas de Pontevedra. |
|
Houbo tempo de instagramear... |
|
Adoramos a decoración deste ano... |
Quizás porque viñamos traballar como ilustradoras preferimos esta entre todas.
|
Soubemos de México... |
|
E de María Victoria Moreno! |
Que mañá completa!!