mércores, 28 de xuño de 2023

ACTORES E GUIONISTAS

 

ACTORES E GUIONISTAS

Nesta ocasión convertémonos en guionistas das nosas propias obras de teatro e monicreques.




ESTAMOS SECUESTRADOS

 ESTAMOS SECUESTRADOS


Olliño cos campamentos. O alumnado do club de lectura participou nun campamento que non era o que parecía. Os seus monitores utilizan este campamento como tapadeira para secuestrar nenas e nenos e facelos traballar na explotación dunha mina de ouro agochada nunha cova.


Atentos a carta que lle envían ás súas familias. Nelas hai unha mensaxe segreda na que pedin axuda.



Black Poetry

 BLACK POETRY


Continuamos xogando coa poesía. Nesta ocasión démoslle outro uso a ese libros vellos que non se usaban na biblioteca. 


   

     






Poesía e papiroflexia

 

POESÍA E PAPIROFLEXIA

Tentamos inventar unha poesía dinámica, no que o poema cambie en función da elección do ointe. Para iso fixemos unha figura de papiroflexia chamada "Comecocos". Inventamos 8 versos e os escribimos debaixo das solapas no seu espazo correspondente. Numeramos as solapas e...



... a xogar!!!



Lemos poemas


LEMOS POEMAS



Despois da lectura dos libros "O meu Gato e poeta" e "Poemas birollos para ler cos ollos" de Fran Alonso, escollemos os que máis lle gustou a cada un de nós e o lemos en voz alta para os nosas compañeiras e compañeiros.