O Club das Medianas aínda non decidimos que ler!
Hoxe chegamos e tiñamos uns presentes na Biblio:
 |
| Que haberá aí dentro? |
 |
| OOOOOOOOH! Libros!!! |
 |
| E ti que tes? e ti que tes? |
A proposta: "vender" o noso libro. Convencer ao resto de compañeiras de que a nosa lectura vai ser a máis interesante. Como? Como queiramos, sempre enriba do escenario.
 |
| E se facemos isto? E se facemos aquilo? |
 |
| "Eu creo esencial que metamos unha pantasma!" |
Aínda que non veña a conto!
E fomos para o salón de actos e cos nosos vestuarios e os nosos atrezzos, explicamos cada unha das propostas de lectura...
 |
| A contarnos Pippi Mediaslongas |
 |
| E os Contos Nerviosos... |
 |
| Ui! Que conto será este?? |
 |
| Boas noites, ou a nena que non quería ir á escola. |
 |
| as 27 historias para comer a sopa... |
 |
| E, e, e,e... e este cal era?! |
Finalmente triunfaron, na selección final, os Contos Nerviosos, de Fran Alonso. A eles imos dedicar as próximas sesións do Club!
Ningún comentario:
Publicar un comentario