martes, 31 de xaneiro de 2017

Dos manuscritos medievais

O Fitzwiiliam Museum elaborou un documento interactivo que nos explica moi claramente como eram confecionados os livros manuscritos medievais e as suas ilustracións miniadas. Tal cal esas que tolean ao crego Xurxo e a Mónica no documento que o relixioso custodiaba.
 
Podedes visualizalo aqui: Como se fai un manuscrito.

Exemplo de manuscrito miniado



mércores, 25 de xaneiro de 2017

Dos dragóns

Primeira sesión con Dragal II presente. 

Este martes repartimos os libros e marcamos a lectura para o martes próximo, coa intriga de se Hadrián comerá humanas ou non... 

Entre tanto, fixemos un xogo para saber doutros dragóns que na literatura foran... A cada integrante do club tocoulle unha tarxetiña (texto ou foto) e tiña que encontrar o seu par na roda.

seremos nós? 
A min non me soa que no Harry Potter haxa dragóns albinos...
Este é tan medievaloide como o de Dragal.
Home! O dragón verde de Peter!! 
Hai dragóns patosos, como o de Mulan...
Agora si! O Fujur da Historia Interminable!
E o dragón de Hadgrig por partida triple!
Temos que roubar  / as bolas do dragón...

Aprendemos que segundo as culturas, os dragóns son considerados seres beneficiosos e con connotacións positivas ou criaturas terroríficas e case diabólicas. O  preferido de case todas é Mushu, o dragón torpón e metepatas de Mulan. 

É visto que preferimos a boa xente...




Mais non só xogamos cos dragóns! A última parte da sesión dedicámola a pensar, propor e organizar as ideas para gravar o vídeo de presentación do centro no Proxecto Dragal. A verdade é que nisto dos vídeos, xa somos medio expertas!

Chuvia de ideas!!
A ver os resultados!!


mércores, 18 de xaneiro de 2017

O dragón e a Cova da Moura

A Cova aínda non a temos preparada... pero o dragón case está... 

Na sesión desta semana complementamos o traballo que as voluntarias bibliotecarias fixeron durante os recreos. Se elas acabaron de darlle forma ao noso Dragalciño, a nós tocounos porlle un pouco de cor. 

Ana!, Atende ao pincel!!

Verdequetequieroverde!

A concentración do equipo é total... a que si, Moha?
E veña pintura!!
Somos moitas mans para pouca superficie... 

Fomos ben list@s!! comezar a cabeza polas orellas e esquecer a cocorota! Menudos equilibrios para pintar sen mancharnos!

Mentres unhas traballan, outras buscan a Wally ;)
Ben, igual xa vai aprecendo un dragón!
Dragón non será, pero medo si que dá!!

Case listo! Deixar secar, aquelar algúns detalles, e a dar medo!!!


Novo Libro: Dragal II

Novo trimestre e novo libro. 

O caso é que o noso centro foi seleccionado para participar no Proxecto Dragal 2016-2017. Por esta razón, toda a ESO tivo como lectura obrigatoria o libro Dragal I, de Elena Gallego. E, a proposta do EDL do centro, decidimos que no Club de Lectura leremos Dragal II, para completar a historia. 

Como algunhas non lemos Dragal I, aquí vai o booktrailer: 




Como participar no proxecto implica facer actividades complementarias à lectura, pois xa comezamos na primeira sesión de xaneiro, que somos así de dispostas. 

E mentres non chegan os libros à Biblio, puxémonos a traballar na cabeza do noso dragón...

Ben, o sistema parece que non o acabamos de entender...
Pero rapidamente nos aclaramos. E deseguida tiñamos repartidas responsabilidades, como un grande equipo... uns a romper papel, outras a repegalo...

Mmmm: isto é un dragón???
Parecer, parece un iglú...
E acabou a sesión e deixamos o traballo comezado para continuar na biblioteca... 



E fin!

Acabamos de ler Mi Teoría de todo. Ben, non todas acabamos, mais o acordo era facelo... así que houbo algún que outro spoiler e o compromiso e a vontade de acabalo nas vacacións de nadal. 

Como tiñamos o salón de actos (onde xantamos sempre, vós non o sabiades) ocupado polos ensaios para o festival, por unha vez, e sen precedente, incumprimos as normas e... 

COMEMOS NA BIBLIO!!


Como vedes, aquí ninguén pasa fame!
Claro, con tan bo ambiente e xantar, chegou a ocorrencia: gravemos a nosa opinión sobre o libro! Argallámos un roteiro urxente, a cámara de móbil e, aínda que a Ana lle dea un pouco o riso, esta é a mellor versión que saiu... 


Outra cousa non, pero no Club pasámolo ben ben.

Estadísticas

Mi teoría de todo é un libro cheo de gráficos e gráficas. En cada capítulo a protagonista, Sarah, fai os seus cálculos, as súas ponderacións, as súas previsións e transfórmaas en diagramas, mapas conceptuais e gráficas de barras que nos adiantan ou ocultan o curso da historia. 

E decidimos facer unha tartiña destas...

Como xa andabamos pola metade do libro, e xa aconteceran moitas cousas (Sarah non consegue dominar a neurona borde, desobedece a papá e mamá e vai de festa, falta a clase, encóntrase co Capitán Zarigüeya, etc. etc.) fixemos as nosas prediccións de futuro. 

Que vai pasar? 

As posibilidades que apareceron foron moitísimas...

Iso si: triunfou a suposta maldade do Capitán Zarigüeya...

E rexuntamos as opcións entre as que eran iguais ou parecidas, as máis populares e as menos e, veña!, a traballar!

Así, a monte!
Argallando a gráfica das nosas propostas....

.... que é claro, unha vez lidos os seguintes capítulos, descubrimos todas erradas!!