xoves, 4 de xullo de 2019

Imos á Arousa

Como un dos libros que lemos no CLub de Lectura das grandes foi o Arousa, de Carlos Meixide, alá fomos de excursión. Primeiro, para coñecer os lugares onde transcorren as aventuras de de Roi, Suso, Sabela, Fátima e Rula, e outra, para pasar un día agradábel todas xuntas na praia, despois dun curso enteiro partillando libros e lecturas. 

Paseamos Carreirón, en silencio ás veces, por ver de escoitar paxaros...
Pudemos ver arroazes a saltitar na auga!!!
- Por alí resopla!!

Mesmo tivemos tempo de ler, nos descansos da merenda
E á tarde mudamos de praia e fomos para a Area da Secada, onde fixemos o noso xogo de probas co alumnado de 5ºEP a exercer de monitorado.

O xogo do pano
Encher un vasiño de mar
Facer esculturas na area
Imitar esculturas con mímica...
Descobrirnos como superherois...
E gozarmos un ano máis de partillar o Club de lectura...

Vémonos o ano que vén!!






Solitarias...

A última sesión do Club das Medianas foi un pouco extraña por diminuída. Estaban de excursión todo o alumnado de 3EP e 4Ep, polo que só asistiu ao Club o grupo de 5EP. 

Como estábamos a punto de realizar a nosa saída de Fin de Curso, decidimos convertirnos en monitoras e organizar un xogo de probas para facer na praia durante a nosa saída á Illa de Arousa. 

Pero antes comemos bica de chocolate, para despedir o ano!

Ben, e antes lemos un conto de terror do libro preferido de Samuel, para pasarmos medo...

No continúes, non continúes! Que medo!!
Cando por fin acabamos co terror, puxémonos mans á obra...

A secretaria tomaba nota...
Monitoras, proba que fai cada unha, lugar da Area da Secada onde se van situar, material necesario...

E preparamos un xogo para as compañeiras!



Mascotas mascotas mascotas

Como continuamos cos nosos libros animais, a proposta desta vez foi a de facer teatro de sombras e mascotas. 

iso si, antes, sesión teatral humana, que cada vez elaboramos máis as nosas representacións dos descansos e utilizamos máis atrezzo do que encontramos pola escola adiante...

Desta vez houbo grandes desgrazas!
Mesmo temos mortiño!
Que terá acontecido?

Xa na sesión do Club, traballo en equipos.

Que faremos, que faremos?
Comezan a aparecer ideas...
Como non, Booking non podía quedar sen sillueta propia!

Organizámonos tan ben, que até deu tempo de representar as obras!

El libro azul

Acabada Memoria do Silencio, no Club de lectura das grandes fixemos unha nova escolla: El Libro Azul, de Lluis Prats. 

Como a historia que narra comeza nunha biblioteca, coa conversa entre unha bibliotecaria horrorizada e un mozo que NON le nada, pero NADA, fixemos un xogo sobre clásicos (aqueles que o neno descoñece, para espanto da bibliotecaria), lecturas, canon e cultura libreira. 

Sempre recorremos ás tarxetas, somos fans delas!... Neste caso, capas e sinopses dos libros.

Deducindo e decidindo entre todas!
Pois esta nin idea de que pode ser...
mmmmmm!
Xa o temos, xa o temos!!
Unha vez feitas as parellas de libros, fomos comentando cada un, cales coñecíamos, cales dos coñecidos leramos e de cales sabíamos por películas ou videoxogos, cales descoñecíamos totalmente, e demos en pensar que a conversa da novela era moi pouco verosímil porque calquera de nós sabe moito máis de libros do que parece... mesmo sen ler todo o habido e por haber. 



A serpe amarela de Antonio Fraguas.

Neste ano o Día das Letras Galegas tivo como protagonista a Antonio Fraguas. E como este ano tamén aprendemos a regueifar, pensamos que era boa idea coñecer ao autor regueifando, que para algo adicou parte do seu tempo á tradición oral galega...

Preparamos coas activistas da biblio, no corredor principal do centro, o penedo dos petróglifos e a súa serpe amarela, protagonista de tantas lendas.  
E no Club de Lectura encargámonos de elaborar a 

 LIÑA DO TEMPO REGUEIFADA 

para encher a serpe. 

Para iso, dividímonos en grupiños. Cada un apañaba unha data importante na vida de Antonio Fraguas e, na exposición e nos libros tiña que localizar a que feito facía referencia o ano. 

- Antes podemos pintar outro petróglifo? - Podedes!

- Aquí, aquí, 1932!!

Aquí, aquí, 1956!!
Aquí, aquí, 1936!!
Coa información nas nosas cabeciñas, xa só era coller ritmo e versear!

A ver, algo que rime en -ado...
 Xa a temos, xa a temos!
Ai, nós preferimos facer borrador no caderno!

E fomos enchendo a nosa serpe de regueifas fraguanianas!

Ambientazo de traballo!
Enchendo datas!
Un exemplo: temos un Club cheo de artistas!
A cobra regueifeira












mércores, 3 de xullo de 2019

Cuntis, lugar de novela!

Que aínda non acabamos de gravar as historias dxs Cinco de Ons en Cuntis!! Desde que comezou a chover non parou nunca os martes das grandes... 

Hoxe saímos para gravar os espazos que faltaban: 

No monumento, claro, acontecen grandes desgrazas...
Alguén pon unha bomba e rebenta todo (o cura?, un terrorista?)

- Pró, podemos meter na historia as avestruces de Cuntis? 
- Que avestruces?
- Vén, que chas ensinamos...

E alá fomos, gravar as aestruces....
Tamén fomos á casa enctanda, mais non temos outras fotos, que deveu velar o carrete o seu espírito. 

A ver se editamos dunha o vídeo e llo enviamos a Carlos meixide e o compartimos con vós...


Animaliños...

Estamos a ler tres libros con personaxes animais: os cans, no Guau guau guau, o gato poeta e os cabalos da Cazadora de Estrelas.

Decidimos facelos protagonistas da nosas sesión de hoxe e, despois de falar un pouco de cada libro, recorremos á Butaca de Contar para contar historias que tiveran protagonizado as nosas mascotas, o noso Trosqui, o Tobi, a Lúa ou os peixiños de cores...

Temos a Biblioteca patas arriba, porque aínda non acabaron as obras, pero tanto nos ten, usámola igual!

Erik contando de cando chegou o seu can á casa...
Clara e as súas aventuras cos lavancos do Río Gallo.
Alba contando de cando foron ao Grove de paseo... a por un cadelo!
Descobrimos que temos grandes contadoras entre o nos alumnado e que a Butaca de contar é unha das mellores inversión que pode e debe facer calquera Biblioteca que se prece.



 

Non á censura!

No Club das grandes comezamos a ler Memoria do Silencio, de Eva Mejuto, despois de seguir o mesmo proceso que no grupo de Primaria a cata a cegas.
Coñecemos a historia das irmás Touza e soubemos da presenza dos nazis na Galiza (foi o que máis chamou ao grupo para facer esta escolla).
E estando na lectura, soubemos do acontecido á xente da Biblioteca Escolar Punta Candieira, de Cedeira, que veu unha das súas exposicións, inspirada após un obradoiro de poesía con Carlos Negro, censurada porque alguén non gostou dalgún dos seus poemas. 

Lemos o poema, comentámolo, e sabendo que ante as inxustizas non vale a neutralidade (que farían as irmás Touza?) pensamos que debiamos posicionarnos, pois ante todo, debemos estar do lado da liberdade creativa e de opinión. 
A decisión final foi visibilizarmos na nosa escola o texto que alguén non quería que fose lido. 

O poema e a censura.
A ver se o damos feito igualiño...
 A cousa vai indo...





Chegou a primavera

Non veñen os libros pero si a primavera. E non temos Biblio, que pechou por obras. e non queda outra que facer a sesión no Salón de actos e nos exteriores primaverís da escola. 
Propuxemos á nosa rapazada un xogo de observación: a cámara fotográfica.

Agrupadas por parellas tiñan que facer unha de fotógrafa, outra de cámara. A cámara, axudada pola fotógrafa, tiña que camiñar cos ollos pechos, e só abrilos, por un segundo, cando a fotógrafa premese o disparador, é dicir, dese un golpiño na cabeza. O papel da fotógrafa é o que o seu nome indica: buscar o detalle, o marco incomparábel, o invisíbel a ollo nu, para imortalizalo no papel... 

Á procura da foto perfecta no invernadoiro.
Nas leiras das veciñas da escola...
Mesmo no composteiro pode haber beleza...
Unha vez feitas as fotografías, tocaba sesión de revelado...

No laboratorio, claro...
Menos mal que o laboratorio é grande!!
E as fotos van collendo cor...
Mesmo as do composteiro!!
Ao final quedounos unha colección ben xeitosa!

Xa o din as expertas: onde estea a fotografía analóxica, que se saque a dixital