venres, 30 de maio de 2014

Contos para nenos que dormen deseguida




Última sesión do curso. Todos lemos o libro, todos levamos regalos: marcapáxinas, libros...; e todos o pasamos ben. 
Ata o próximo curso.









xoves, 15 de maio de 2014

Las cuatro estaciones

No penúltimo día de reunión do "Club de Lectura" gozamos moitísimo escoitando a música de Vivaldi; acompañando a esta, un fermoso relato sobre os cambios da natureza co paso das estacións.

mércores, 14 de maio de 2014

La carta robada



Despois de gozar coas aventuras do detective Sherlock Holmes, animámonos a acompañar o detective C. Auguste Dupin na busca dunha carta que lle foi roubada a un personaxe importante da corte real.

martes, 13 de maio de 2014

Obradoiro

Esta semana asistimos a un obradoiro de reciclaxe de papel. Como xa tiñamos unhas mostras preparadas, fixemos marcapáxinas para os nosos libros. Aprendemos moito!


martes, 29 de abril de 2014

Estudio en escarlata

      É neste libro no que o doctor Watson coñece ao famoso e excéntrico detective Sherlock Holmes. Así é como o describe:

"O certo é que a convivencia con Sherlock Holmes non resultaba difícil. Era un home tranquilo de costumes regulares. Rara vez estaba a pé despois das dez da noite e, cando eu me erguía da cama, el xa saíra á rúa. Había días que non botaba a pata fóra do laboratorio e, noutras ocasións, permanecía na sala de disección ou daba longos paseos que o levaban ós arrabaldos máis sórdidos da cidade. Cando o acometía un acceso de actividade, non había ninguén que o sobrepasase en enerxía; pero, de tempo en tempo, o péndulo oscilaba cara ó extremo oposto, e pasaba os días estomballado na poltrona da sala de estar, sen darlle ó pé nin á perna e sen pronunciar unha fala dende a mañá a noite. Durante eses periodos captaba eu nos seus ollos unha mirada tan extraviada e baleira que, se a temperanza e a decencia da súa vida non o desmentisen, acaso tería sospeitado que convivía cun consumidor habitual de estupefacientes.
Conforme pasaban as semanas, o meu interese por el e a curiosidade por saber que estímulos enchían a súa vida fixéronse máis intensos e profundos. A mesma apariencia física era como para chamar a atención do menos observador. Media máis de seis pés, e a súa extrema delgadez resaltaba a impoñente figura. Tiña os ollos agudos e penetrantes, excepto naqueles períodos que xa mencionei; e o nariz fino e aguzado dáballe un aire de viveza e decisión. Aunque sempre tiña as mans luxadas con borrachón de tinta e manchas dos productos químicos, posuía unha sensibilidade de tacto portentosa, como puiden comprobar en máis dunha ocasión ó velo manipular os seus fráxiles instrumentos científicos". 

     O doctor Watson asistirá por primeira vez a resolución dun crime gracias á hábil observación de Sherlock Holmes.

xoves, 10 de abril de 2014

Semana Santa Ilustrada

Estas son as recomendacións para as vacacións de Semana Santa. Só tedes que ir á biblioteca e seleccionar un libro, neste caso,  ilustrado. Disfrutádeo!






Nadarín



     Gústanos tanto Leo Lionni que volvemos ler un dos seus libros.
Non nos defraudou.


Un río de palabras


     Recordades o conto "Un río de palabras" do libro O único que nos queda é o amor de Agustín Fernández Paz? Seguro que si. Ben, pois hoxe iniciamos, despois dunha dura selección de libros, a decoración do colexio con ríos de palabras. Estivemos a traballar moito; só hai que ver as fotos para comprobalo.

   


 





Que éxito! Ao día seguinte este era o resultado do noso traballo:



Isto deunos unha idea:  pedirlle a participación ao alumnado e ao profesorado do colexio. Aquí está o resultado:






Bala perdida e As aventuras de Alicia Paf

     "Non rematamos de ler o libro". Isto foi o que os nosos pequenos lectores dixeron cando nos reunimos esta semana na sesión do club para comentar Bala Perdida de Manuel Rivas. É que son moi sinceros! 
Decidín entón lerlles o capítulo onde Bala Perdida, o último pirata do Reino de Galicia, explica o segredo que garda San Andrés de Teixido, o lugar onde está agochado o tesouro. A maioría dos nosos lectores non coñecían o que se di deste lugar: "Quen non vai de vivo, vai de morto" convertido nun animaliño: unha bolboreta, unha formiga...; por iso, cando vaias de visita non debes pisar ningún animal.
Gustoulles a historia.

     Adicamos o que restaba de sesión a ler todos xuntos un breve libro de Giani Rodari, Las aventuras de Alicia Paf. Conseguimos rematalo!

mércores, 2 de abril de 2014

Siete ratones ciegos

        
Repetimos experiencia. A actividade desta semana volveu consistir nunha lectura conxunta proxectada na pizarra dixital de Siete ratones ciegos. Unha fábula que conta cunha "moraleja ratoneja":
"Si solo conoces por partes dirás siempre tonterías, si puedes ver el todo hablarás con sabiduría".

     Primeiro vimos a portada do libro proxectada na pizarra dixital e tratamos de adiviñar como se titulaba o conto. Saíron títulos moi variados como: “Los ratones de colores”, “La sombra de los ratones”... Cando limos o título verdadeiro quedamos un tanto sorprendidos;  desexabamos que comezara o conto!

  Ao rematar o conto, fixemos un xogo simulando ser ceg@s: cun pano a profesora tapounos os ollos. Nós tiñamos que adiviñar as cousas que nos poñía nas mans (un lapis, un Cd, unha marioneta, un libro...) empregando só o sentido do tacto.

Divertímonos un montón!!!;  estabamos ansiosos por saír  participar.







martes, 25 de marzo de 2014

Os inicios das novelas

Hoxe a xuntanza do club estivo dedicada a lectura conxunta de inicios de novelas. Estes son algúns dos libros que escollemos:



venres, 14 de marzo de 2014

La biblioteca de Guillermo




     De novo, as aventuras de Guillermo. Nesta ocasión, o protagonista ten que desenmarañar o segredo que envolve a Babel, un libro máxico que crece e crece sen explicación, ou iso cre el.
     Guillermo volverá comprobar que as maiores aventuras están nos libros, ou ao seu redor.

martes, 11 de marzo de 2014

¿Qué es el amor?



      Non é preciso máis presentación que mostrarvos as imaxes do libro de lectura conxunta desta semá.








luns, 10 de marzo de 2014

El libro negro de los colores



Hoxe asistimos a unha sesión de lectura en braille, é dicir, a lectura dun libro escrito na linguaxe dos cegos.
O libro trata de como estes  poden imaxinar as cores. Nós pechamos os ollos e puxémonos na súa pel. A experiencia foi incrible, pois a súa maneira de imaxinar as cores deslizando os dedos polo libro pareceunos difícil a vez que estraña. Convidámosvos a que experimentedes con este libro.

                                                                            Sheila Almeida Barral e Ligia.











venres, 28 de febreiro de 2014

La peor señora del mundo





   Hoxe, lectura conxunta deste marabilloso libro. Para poder disfrutar tanto do texto coma das ilustracións, proxectamos La peor señora del mundo nunha pantalla no Salón de actos.
    Antes de iniciar a lectura, fixemos un pequeno xogo de adiviñas sobre o personaxe principal. Todos participaron moi animados, e algúns, incluso, acertaron nas súas descripcións.

    Agora só faltas ti; anímate a lelo!

mércores, 26 de febreiro de 2014

O único que queda é o amor


     Coa lectura do conto Un río de palabras de Agustín Fernández Paz descubrimos un xeito de compartir cos lectores do colexio os nosos gustos literarios. Por iso, imos intentar adornar os corredores do centro con ríos de palabras. Nesta sesión do club de lectura estivemos a traballar niso. Xa vos contaremos como acaba. Estade atentos!



martes, 18 de febreiro de 2014

Mi papá es un payaso





     Os máis pequenos do club de lectura escoitaron a historia dun neno que ten dous papás: un médico e outro... PAYASO. Que divertido escoitar o conto en inglés!

xoves, 13 de febreiro de 2014

La niña silencio





Hoxe visitamos a exposición do libro ilustrado que se organizou no Salón de actos do noso Colexio. O libro seleccionado foi La niña silencio, un libro que de forma metafórica achegounos ao mundo do maltrato infantil dunha nena.






xoves, 30 de xaneiro de 2014

Obradoiro de literatura infantil



“As palabras serven de medicina e de veleno”.

Así, falando das palabras é como Manuel Pérez, antigo mestre deste centro, iniciou o encontro literario cos nosos lectores máis pequenos. Invitounos a participar da sonoridade e do ritmo que conteñen as palabras; presentounos a un pulgón e a un esquío, personaxes dun fermoso conto.

Logo, unha “chuvisca de ideas”, que foi como Manuel Pérez lle chamou, deu lugar á creación dun conto no que, nunha  granxa, un cabalo e un gato rifaban cun can que levaba no seu lombo unha bolboreta, porque rompera o seu papavento… Se queredes saber como remata o relato, só tedes que buscar aos nosos  lectores polos corredores e preguntarlles. Animádevos!