Como chegou o 8 de marzo, e na biblioteca e no Club somos todas feministas, decidimos dedicarlle unha sesión ás mulleres afoutas que no mundo son e foron.
Cando entraron na Biblio, as rapazas encontraron a mesa grande estrada de biografías de mulleres pioneiras e importantes.
|
As clásicas de sempre... |
|
|
|
... e as clásicas de hoxe en día. |
Estivemos a ver os volumes, a revoar follas aquí, a parar nunha ilustración alá, até escollermos a muller que máis nos interesaba.
Unha vez feito isto fomos á aula de informática de secundaria! Buah! A das grandes!
|
Na biblio non temos un equipo por persoa... (nin falta que fai) |
E alí, cada persoa, parella ou grupo, elaborou a súa diapositiva para unha presentación colaborativa sobre as nosas mulleres.
Que ben o pasamos facendo traballo de grandes!
|
Orgullosas! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario