martes, 29 de abril de 2014

Estudio en escarlata

      É neste libro no que o doctor Watson coñece ao famoso e excéntrico detective Sherlock Holmes. Así é como o describe:

"O certo é que a convivencia con Sherlock Holmes non resultaba difícil. Era un home tranquilo de costumes regulares. Rara vez estaba a pé despois das dez da noite e, cando eu me erguía da cama, el xa saíra á rúa. Había días que non botaba a pata fóra do laboratorio e, noutras ocasións, permanecía na sala de disección ou daba longos paseos que o levaban ós arrabaldos máis sórdidos da cidade. Cando o acometía un acceso de actividade, non había ninguén que o sobrepasase en enerxía; pero, de tempo en tempo, o péndulo oscilaba cara ó extremo oposto, e pasaba os días estomballado na poltrona da sala de estar, sen darlle ó pé nin á perna e sen pronunciar unha fala dende a mañá a noite. Durante eses periodos captaba eu nos seus ollos unha mirada tan extraviada e baleira que, se a temperanza e a decencia da súa vida non o desmentisen, acaso tería sospeitado que convivía cun consumidor habitual de estupefacientes.
Conforme pasaban as semanas, o meu interese por el e a curiosidade por saber que estímulos enchían a súa vida fixéronse máis intensos e profundos. A mesma apariencia física era como para chamar a atención do menos observador. Media máis de seis pés, e a súa extrema delgadez resaltaba a impoñente figura. Tiña os ollos agudos e penetrantes, excepto naqueles períodos que xa mencionei; e o nariz fino e aguzado dáballe un aire de viveza e decisión. Aunque sempre tiña as mans luxadas con borrachón de tinta e manchas dos productos químicos, posuía unha sensibilidade de tacto portentosa, como puiden comprobar en máis dunha ocasión ó velo manipular os seus fráxiles instrumentos científicos". 

     O doctor Watson asistirá por primeira vez a resolución dun crime gracias á hábil observación de Sherlock Holmes.

xoves, 10 de abril de 2014

Semana Santa Ilustrada

Estas son as recomendacións para as vacacións de Semana Santa. Só tedes que ir á biblioteca e seleccionar un libro, neste caso,  ilustrado. Disfrutádeo!






Nadarín



     Gústanos tanto Leo Lionni que volvemos ler un dos seus libros.
Non nos defraudou.


Un río de palabras


     Recordades o conto "Un río de palabras" do libro O único que nos queda é o amor de Agustín Fernández Paz? Seguro que si. Ben, pois hoxe iniciamos, despois dunha dura selección de libros, a decoración do colexio con ríos de palabras. Estivemos a traballar moito; só hai que ver as fotos para comprobalo.

   


 





Que éxito! Ao día seguinte este era o resultado do noso traballo:



Isto deunos unha idea:  pedirlle a participación ao alumnado e ao profesorado do colexio. Aquí está o resultado:






Bala perdida e As aventuras de Alicia Paf

     "Non rematamos de ler o libro". Isto foi o que os nosos pequenos lectores dixeron cando nos reunimos esta semana na sesión do club para comentar Bala Perdida de Manuel Rivas. É que son moi sinceros! 
Decidín entón lerlles o capítulo onde Bala Perdida, o último pirata do Reino de Galicia, explica o segredo que garda San Andrés de Teixido, o lugar onde está agochado o tesouro. A maioría dos nosos lectores non coñecían o que se di deste lugar: "Quen non vai de vivo, vai de morto" convertido nun animaliño: unha bolboreta, unha formiga...; por iso, cando vaias de visita non debes pisar ningún animal.
Gustoulles a historia.

     Adicamos o que restaba de sesión a ler todos xuntos un breve libro de Giani Rodari, Las aventuras de Alicia Paf. Conseguimos rematalo!

mércores, 2 de abril de 2014

Siete ratones ciegos

        
Repetimos experiencia. A actividade desta semana volveu consistir nunha lectura conxunta proxectada na pizarra dixital de Siete ratones ciegos. Unha fábula que conta cunha "moraleja ratoneja":
"Si solo conoces por partes dirás siempre tonterías, si puedes ver el todo hablarás con sabiduría".

     Primeiro vimos a portada do libro proxectada na pizarra dixital e tratamos de adiviñar como se titulaba o conto. Saíron títulos moi variados como: “Los ratones de colores”, “La sombra de los ratones”... Cando limos o título verdadeiro quedamos un tanto sorprendidos;  desexabamos que comezara o conto!

  Ao rematar o conto, fixemos un xogo simulando ser ceg@s: cun pano a profesora tapounos os ollos. Nós tiñamos que adiviñar as cousas que nos poñía nas mans (un lapis, un Cd, unha marioneta, un libro...) empregando só o sentido do tacto.

Divertímonos un montón!!!;  estabamos ansiosos por saír  participar.