sábado, 4 de xullo de 2020

Club de Lectura de Persoas Adultas

Unha das nosas alegrías deste ano foi ter podido crear o Club de Lectura de Persoas Adultas, dirixido a mamás e papás e avoas e tíos e profesorado do CPI Aurelio Marcelino. 

Por causa da corentena só puidemos facer dúas sesións, e quedamos con pena. 

Para o ano, retomamos!!


Rimas con letras

E Fafarraios. Son dous libros de Gloria Sánchez dos que gostamos moito. 

Como algún dos grupos, perfeccionistas eles, non acabaran aínda o seu Kamishibai propuxemos ao resto unha actividade con poemas mentres as ilustradoras acababan. 

Repartimos varios textos de Gloria Sánchez e propuxemos que os representaran.

Pero antes, Asemblea de Recomendacións

- Podo contar no Club dun libro que me gusta moito? Tróuxeno da casa. Está na mochila.
- Claro, como non  vas poder!
- Pois ló eu tamén quero!
- Pois veña, Asemblea!!

Razóns polas que me gusta este libro...
Pois eu adoro este!!
E despois da asemblea (houbo que cortar; todo o mundo quería contar), ao traballo!

Unhas ao kamishibai....
Outros a partillar libros favoritos
Outros á procura do libro favorito...
Outras a preparar a súa obra...
E se hai obra, hai escenario!!
E representamos!

Comezamos!!





Quen diría que sería esta a última sesión do Club...

Mapas Literarios 2.

Mentres dábamos cabo dos mapas literarios d'A Balada dos Unicornios, escollemos novas lecturas. 

Quedamos coa banda deseñada Primates e os textos teatrais Xogando con gatos

Algunhas xa se engancharon o día da entrega: 

E tomaron ao pé da letra iso de compartir libro....
E os mapas van tomando forma... 

Que país estraño inventou Ledicia Costas!
Procurando rosas dos ventos nas redes!
marabilla!
Aclarando conceptos: 




Representamos!!

E acabados os kamishibai, plastificamos as láminas e organizamos as nosas representacións: 

Os primeiros en acabar!!
Podedes ver aquí a súa historia: A tartaruga e o león.

E aquí podedes ver outra das historias, mais, coidado!, é de terror!!!







O curioso incidente do can a medianoite

Acabadas as sesións de lectura do Curioso incidente do can a medianoite, de Mark Haddon, propuxemos ao grupo que fixeran un vídeo didáctico con ilustracións, do estilo deste, contando o que lles parecera o libro. 

E puxéronse mans á obra!

As personaxes importantes
O can asasinado
Igual ter coñecido álbuns ilustrados inspira ao grupo...

Representamos baladas

Á nosa xente do club de lectura daslle unha man e apañan o brazo todo. 
Dislle, imaxinade e contade que pasa no trecho do libro que se titula así. E non imaxinan e contan. Non. Preparan unha representación. Porque non vamos de deixar unha oportunidade para facer teatradas sen aproveitar. 

Calquera cousa que haxa pola Biblio lles vale....
Aínda que tamén é certo que abandonamos trapalladas estratexicamente....
E nas presentacións non pode faltar Booking

Álbum ilustrado

E mentres os grupos de EP traballan como tolos, que fai o grupo da ESO. 
É o que ten esquecer facer fotografías... Se non hai imaxe parece que non acontecen cousas. 
Mais o grupo de secundaria continúa a xuntarse unha vez ao mes. Nunha quincena coñecen álbum ilustrado, outra semana dedicçamoslla ao libro de lectura, neste caso O curioso incidente dun can a medianoite, a primeira escolla deste ano.

Coñecendo Beatrice Dautremer
Facemos por imaxinar a historia que hai por tras das ilustracións....
Cales preferimos?

venres, 3 de xullo de 2020

O kamishibai non se fai nun día...

NOOOON!!

Xa pouco levou!

Continuamos traballando un par de sesións (e as máis aplicadas algún recreo). 

Probando no treatriño como ía quedando a hsitoria....
E rematando láminas e láminas e láminas....
O complicado do Kamishibai é ordenar as láminas e escribir o texto na parte traseira que corresponda...

Os grupos ás vez pedían papas.
Esta, a seguinte é esta!!
E revisamos se falta algunha....

E sempre sempre....

...acompañadas do Booking!




Mapas Literarios

Acabada de ler A balada dos unicornios coñecemos o que eran os mapas litearios, da man do libro Trazado: un atlas literario.

Vimos os mapas e falamos das obras que representaban: cantas coñecemos? cantas lemos? 



A proposta era evidente: atrevédesvos a facer o mapa literario d'A Balada dos Unicornios. 

Pois non imos ser quen!!

E mans á obra.

As terras d'A Balada....
Será así o castelo do rei Dogo?




Facemos kamishibai

Desta vez descubrir o kamishibai e xogar con el. 

O kamishibai é unha modalidade xaponesa de narración oral. Utilízase un teatriño de madeira no que se van deslizando láminas ilustradas que acompañan a historia que narra a persoa contadora. 
Na biblio temos un kamishibai e decidimos que o Club de Lectura era bo lugar para o aproveitar. 

Na primeira sesión vimos unha sesión de contos narrados pola profa. 

Despois fixemos equipos e cada un deles ideou e consensuou a historia que quería narrar. E elaboraron os seus guións/storyboards para o kamishibai antes de poñerse a deseñar láminas.

Fomos rápidas inventando!!
Na planiña, cada unha das láminas pensadas...
E se despois de ser felices e comer perdices os divorciamos?
A nosa é topísima, pró!!
Algunhas son capaces de pensar e posar á vez
Feito o guión, deseñamos as láminas
Eu fago esta!
Pois! Picachu anda por aí!!

O esquema dunha das historias....



Corvos e Unicornios

- Temos preparada para vós, pensando n'A Balada dos Unicornios unha actividade sobre corvos e unicornios, para que entendades a relación que teñen con outras obras literarias. 
- O que queirades, pero antes temos que representar un par de cousas nosas?
- Como?
- Si, temos unha obra de títeres e un libro para contar....
- Pois dádelle!


Teatriño disposto!
Que nós tamén somos artistas!















Este é o meu libro e é moi divertido.
Que levavamos nós? Dúas propostas audiovisuais baseadas en clásicos literarios. 
Non se pode falar de corvos sen citar a Edgar Allan Poe. Así que visionamos unha curtametraxe animada coa historia do poema O Corvo. 

Adoramos poder ver cine na Biblio...

E nada podemos saber dos unicornios sen recorrer ao Harry Potter, que achamos ben inspirador para Ledicia Costas. 

A procura do unicornio...




Como chegou Booking a nós?

Este ano a nosa mascota da Biblioteca sufriu moito. Foi detida e ameazada de expulsión do país, todo por ser un tigre de Bengala. No centro mobilizámosnos para evitalo (conseguimolo) E tamén acabamos por pensar en cousas nas que non tiñamos reparado. 

Unha delas: que fai un tigre en Cuntis. Como chegou a nós?

E niso traballamos no Club de Lectura das Pequenas. 

Coñecemos a Calvin e Hobbes, porque Hobbes tiña para nós moito en común con Booking (non deixa de ser un boneco para a maioría da xente que cobra vida para nós). E como Calvin e Hobbes é unha tira cómica, propuxemos ao grupo elaborar a nosa tira cómica coa historia da chhegada de Booking a Cuntis. 

Entre todas en asemblea demos forma á historia. E fomos marcando en cada folio-cadriño  a acción correspondente. Despois, por grupiños de dúas ou tres persoas, deseñamos e pintamos os cadriños. 

Traballo repartido!!
Podemos sacar ideas de Calvin? Podedes!
Que vos parece se facemos así?
Inspiradísima

E, claro é, partillamos coa escola no CIE de Booking.  


Banda deseñada colectiva!!