As sesións do Club de lectura dan para moito. Moito estarrica unha hora!!
Comezamos comentando a obra que estamos a ler... que nos gusta, que non, que vemos difícil, entendemos todo, divírtenos?
|  | 
| Andamos a voltas cos Contos Nerviosos. | 
E como sobrou tempo e estamos no Salón de Actos porque a biblio anda patas arriba, levamos outra proposta complementaria: lermos entre todas Feliz Feroz, o lobo riquiño, e representalo teatralmente.
|  | 
| Parece divertido... | 
|  | 
| Todas por quendas lemos un cacho... | 
|  | 
| E chegando ao final, a expectación era máxima... | 
Virará malo o lobiño feroz??
E despois, a xogar: quen quere ser mamá loba? e tío lobo? e Carapuchiña?
|  | 
| Se nos organizamos, xogamos todas! | 
|  | 
| Con todas vostedes, señoras profas do público... | 
|  | 
| ... O lobo riquiño!!! | 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario