mércores, 26 de outubro de 2016

O mes do medo: as nosas historias

E chegou unha nova sesión do Club, con novas incorporacións (cada día somos máis!). 

Como continuamos agardando polos nosos exemplares de Mi teoría de todo, aproveitamos que na Biblioteca temos unha exposición terrorífica e, ademais de visitala, ocupamos o espazo para contar, à luz das lanternas, as nosas historias de medo. Desde a das nenas que entran no cine abandonado de Cuntis e dan cunha pantasma-paiaso (cousa maís aterradora non debe de haber) até a da boneca asasina. 

Buuf, as pantasmas do teito eran ben asustadoras!
A historia de Sara...


O mes do Medo 1: as curtas.

Na primeira sesión oficial, xuntárosenos as amigas de primaria, pois finalmente non demos xuntado un número mínimo de nen@s para facer dous grupos diferenciados. 

Como aínda non chegaron os exemplares da lectura escollida, dedicamos a hora e visionar estas curtas terroríficas e comentar os nosos gustos sobre historias de fantasmas, monstros e sangue, xa que eis o vén o Samaín... 

A Bruxa Regañadentes!

 

Un clásico do terror, O corazón delator de Edgar Allan Poe, en versión tamén clásica:



E o máis moderno, Tim Burton:



E un conto en defensa dos animais:

O Contrato

Na primeira sesión do Club de Lectura As Campainhas xuntámonos 11 persoas. Comemos xuntas na escola e às 14.30 xa estabamos na Biblio para facer unha literaria sobremesa...

...dóce sobremesa!!
A primeira actividade consistiu na lectura do Decálogo da boa lectura... Cada unha lemos un fragmento, ao tempo que o comentabamos e...

...enredabamos un fío nos nosos dedos...
O obxectivo? 

Sentir o club e a lectura como actividades e responsabildiades compartidas!
Ai, moito doía cando alguén tesaba a lá... Uf! Moito aliviaba cando alguén achegaba a man ao centro...

Entre conversa e conversa fomos facendo as nosas propostas para o primeiro libro do ano. Finalmente, Nico convenceunos a todas e todos: 

E esta será a primeira lectura...

Xa vos contaremos!!

(Re)Comezamos!!

No primeiro mércores do mes de outubro, durante os recreos tivemos as xuntanzas informativas para ver a posibilidade de refundar o Club de Lectura As Campaíñas, como anunciamos polas aulas. 


Finalmente, contaremos con dous grupos: un integrado por alumnado de 1º ESO e outro con rapazas e rapaces de 4º a 6º de Primaria

Reunirémonos, de maneira alterna, unha semana unhas, outra semana outras, os martes, de 14.30 a 15.30.  E comezaremos este martes 11 de outubro, o grupo da ESO, comentando a nosas lecturas de verán. 

Lembrade, a profe leva o petisco!