martes, 3 de xullo de 2018

Feliz Feroz

As sesións do Club de lectura dan para moito. Moito estarrica unha hora!!

Comezamos comentando a obra que estamos a ler... que nos gusta, que non, que vemos difícil, entendemos todo, divírtenos?

Andamos a voltas cos Contos Nerviosos.

E como sobrou tempo e estamos no Salón de Actos porque a biblio anda patas arriba, levamos outra proposta complementaria: lermos entre todas Feliz Feroz, o lobo riquiño, e representalo teatralmente.

Parece divertido...

Todas por quendas lemos un cacho...

E chegando ao final, a expectación era máxima...
Virará malo o lobiño feroz??

E despois, a xogar: quen quere ser mamá loba? e tío lobo? e Carapuchiña?

Se nos organizamos, xogamos todas!

Con todas vostedes, señoras profas do público...

... O lobo riquiño!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario