Levamos dúas sesión sen vos contar que estamos a facer,e igual pensades que estamos a aburrirnos moitísimo e que abandonamos este club...
NADA MÁIS LONXE DA REALIDADE!
Na sesión pasada, ademais de falar de Sarah e da súa neurona borde, tentamos facer os nosos caleidoscopios en menos de 50 minutos:
Facendo o prisma interior... |
A cousa parecía ordenada... |
... pero non... Pasado este primeiro paso das instrucións, xa todo foi unha loucura porque Lara xa estaba no tubo cando Ángel aínda andaba co celo e Hugo non sabía como pregar o prisma e Karla necesitaba film transparente e Sara quería os abelorios e... a mestra toleou! Nin fotos deu feito!
O caleidoscopio de Sara funciona con a lámpada da mesinha de noite. E Laura investigou durante a semana e explicounos que non debiamos ter usado moldes de madalenas para tapar a parte posterior, que tiñamos que utilizar algo transparente...
Esta semana, ademais de comentar o feito fatídico da novela, a ridícula e accidental morte de Jamie (oooooooouh!!), a mestra tiña preparado un xogo baseado nas estatísticas ilustracións do libro, pero os camiños dos clubs son inescrutábeis e apareceuse polo medio da conversa a moda da tempada: o mannequin challenge.
Visionamos esta marabilla que veñen de realizar no IES de Chapela,
e en cinco minutinhos (que foron trinta) improvisamos o noso, porque
LER ESTÁ DE MODA!
Para que continuedes pensando que un Club de Lectura é algo aburrido!