Encantounos o libro de Dous Osiños, así que buscaron facer nos un parecido.
As Campainhas é un Clube de Lectura tanto de primaria como de secundaria que nace no CPI Aurelio Marcelino Rey García co obxectivo de fomentar a paixón pola lectura e compartir emocións, ideas, críticas... que ditas lecturas espertan.
venres, 8 de xullo de 2022
Secuestro na fábrica de chocolate
Un concurso, 5 billetes dorados, unha visita á Fabrica de Chocolate... Algo sae mal...
Recibimos unha carta de Willy Wonka solicitando a súa axuda. Uns secuestradores, facándose pasar por gañadores do concurso dos billetes dorados, infiltráronse na súa fábrica para roubar as súas receitas e colocar unha bomba coa intención de facela voar polos aires. Charlie está retido como refén.
Comeza a conta atrás |
Contos infinitos
O señor Wonka ten unha nova receita: figuras de chocolate que cobran vida. Nos nosos contos infinitos, eles son os protagonistas. Saberás como remata a historia?
Obradoiro de Black Poetry
Mulleres e ciencia
O alumnado de 5º de EP escollemos una novela gráfica de PRIMATES a través de que coñecimos a vida de 3 grandes mulleres adicadas ao estudo destes animais.
Como nenas de 6º, decantámonos por unha muller inventora. Ben é certo que non existiu na realitye pero a todos nos gustaría parecernos un pouquiño a ela. Presentámovos a "SEÑORITA BUBBLE".
Entre moitas das actividades que fixemos atrevémonos a ...
mi |
xoves, 7 de xullo de 2022
Como lavar um mamut laúdo
As mozas do Club de Lectura da ESO tiveron unha idea: queremos ir ler para Infantil.
Así que falamos coas profas, que aceptaron encantadas e as mozas escolleron entre os fondos da Biblio o libro que querían compartir.
Pareceulles que podería ser divertido aprender a lavar um mamut e alá foron, ao patio de Infantil, con toda a meniñada atenta, dispostas a contar.
Leron e ensinaron o álbum... |
E non só...
Porque facía falta un neno ou unha nena mamut para representar as fases do lavado...
EU eu eu eu eu eu!! |
... e meterse sen medo na bañeira!
Lectoras, mamut e lavandeires en acción |
Mimadriña, a que se montou! deixou de haber crianzas en Cuntis e, por un tempo, só houbo mamuts laúdos e limpiños.
A Proba de auga
Acompañamos a unha pinga de auga extraviada polo corpo humano. Virus, bacteria, vacina... quen será o misterioso personaxe co que se atopa?
Investigamos sobre virus e fabricamos un novo cuns síntomas un tanto especiais. |
Fabricamos un medicamento e elaboramos o seu prospecto. Ollo aos efectos secundarios! |
Convertemos a o novo medicamento nun personaxe máis do libro |
mércores, 6 de xullo de 2022
Guau, guau, guau!
Todos e todas somos diferentes é desa diferencia xurden os nosos talentos. O importante non son as nosas limitacións senon as nosas fortalezas. Descubrimos un libro cheo de cans e cadelas moi especiais.
Un libro que trata de cans? Eu tamén teño un! Contamos anécdotas sobre as nosas mascotas. |
Seleccionamos aos candidatos e facémoslle un retrato |
Consensuamos os gañadores e entregamos as medallas. |
Unha biblioteca de medo.
Despois de leer algún relato de "Socorro!: 12 contos para caerse de medo" chegou o momento de contar nós os nosos relatos terroríficos. |
Coñecemos "El gran libro de los sustos" e deseñamos páxinas novas |
martes, 5 de xullo de 2022
A sociedade literaria das mamás e as profas
Como a situación COVID_19 se foi relaxando a medida que avanzaba o curso, decidimos retomar o CLub de Persoas Adultas. Que raro, só o integramos mamás e profas, papás e profos, ningún.
A dinámica consiste en combinar un día para xantar e na sobremesa, falar da lectura. Por iso a necesidade de que a situación pandémica fose de confianza.
A primeira xuntanza foi o 25 de Novembro.
Comentamos o libro que quedou pendente desde a corentena (mimá!) e escollemos o seguinte.
Unha delicia para a sobremesa |
A seguinte escolla |
Falemos en feminismo
O clube feminista xa creou conmoción só coa súa existencia: arricaráronos os cartazes de difusión que puxemos polos corredores.
- Que, ides aprender a fregar? - comentou algún alumno cando no primeiro xoves nos diriximos á biblio.
Por iso é un espazo de desafogo, desabafo e complicidade.
As coordinadoras case non facemos nada: son as propias activistas as que nos traen temas de conversa, cuestións para debater, dúbidas e solicitudes de información. Aproveitamos para nos recomendar libros unhas ás outras, tanto do fondo da biblioteca como novidades que debamos adquirir.
Unha das primeiras propostas: aplicar a lei da inversión a anuncios publicitarios para descubrir o uso ridículo que se fai neles das mulleres.
Danzamos para manter o tránsito intestinal: ???!!! |
Moito sabes!
Mentres agardamos polos libros de Your name, decidimos difundir o mundo manga entre o alumnado do centro.
Case todo o mundo pensa que é cousa de persoas raras e medio friquis, así que elaboramos cartazes para distribuir polos corredores do centro.
Que contiñan os cartaces? curiosidades sobre o mundo do manga e o anime, que en realidade nos fan reflexionar sobre a enorme presenza que teñen nas nosas vidas, aínda que non o creamos.
Traballando duro! |
Doraemon anime!!!??? |
Your name
Na primeira sesión do Club de Manga, como todas, estaba destinada a escoller lectura.
Foi aceptada a proposta de lermos Your name, de Makoto Shinkai, un clásico tanto en manga como en anime. Decidimos buscar obras con edición de volumes limitada, para podermos facer lecturas integrais. Neste caso, Your name consta de tres volumes.
Ademais poderemos visionar a versión anime, outro clásico do cine animado xaponés.
Canto CLUBE!!
Parece que temos ganas de nos xuntar. Pasadas as restricións máis grandes da pandemia, voltamos convocar clubs de lectura á vella usanza: xantando xuntes e falando de sobremesa.
Puxemos en marcha un protocolo propio: nada de traer táperes con comidas ricas. Este ano xantaremos de bocata ao aire libre, mantendo a distancia. Só así podemos facer club.
Convocadas as xuntanzas para persoas interesadas, na ESO saíron tres propostas: Club Ordinario, Club de Manga e Cñub Feminista.
Todo un ano para ler!!
No corredor principal do centro, coa axuda das activistas letteringas, colocamos un panel con todos os clubes e os calendarios de xuntanzas para non nos enbarullar: