venres, 3 de xullo de 2020

Xuntanzas informativas

Este ano comezamos en tempo: en setembro organizamos as Xuntanzas Informativas para a organización dos Clubs de Lectura. 
Nun recreo Primaria, noutro recreo Secundaria. 

Procurando acomodo para a reunión.

Atentas! Non o vou explicar dúas veces!

E unha proposta nova: apeteríalle ao grupo de Secundaria participar nun Club de Album Ilustrado? 

Interesou!

Finalmente, dada a afluencia de persoas interesadas, organizamos tres grupos, que se reunirían quincenalmente:

  • 3º e 4º de EP
  • 5º e 6º de EP
  • Secundaria: unha quincena lectura ordinaria, outra quincena, álbum ilustrado.
Somos unha chea de xente!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario