No grupo de 5º e 6º EP, escollemos lectura para compartir. Despois da sesión de escolla, na que presentamos os libros seleccionados polas profas e acrescentamos aqueles propostos polo alumnado do Club, a selección foi fácil e rápida: Ledicia Costas. 
Xa lemos outro ano A Señorita Bubble. E non houbo competencia posíbel ao saber que tiña obra nova: A Balada dos Unicornios. 
O día de reparto dos libros levamos un xogo para facer lectura-predicción: repartimos tarxetiñas cos títulos dos capítulos do libro e os grupos tiñan que decidir que acontecía nesa parte da obra. 
Despois, na lectura, xa contrastaríamos. 
Como sempre, marcamos os capítulos que nos comprometiamos a ler para a seguinte sesión. 
![]()  | 
| Antes de nada, conseguir que sentemos todas... | 
![]()  | 
| Aínda que sexa unhas por cima das outras | 
![]()  | 
| Pois nós pensamos que A Caverna dos Escaravellos é... | 
![]()  | 
| Pois nós decidimos que no capítulo da Cidade dos Cans... | 




Ningún comentario:
Publicar un comentario