A primeira sesión do Club de Lectura foi a mesma en todos os grupos:
Para coñecer os nosos gustos lectores, o tipo de obras que máis chaman por nós e cales menos, fixemos o noso Bingo de Lecturas.
A dinámica é sinxela: repartimos os cartóns entre todas as participantes, e iamos cantando as fichas. De cada item novo que saía, havía unha rolda de intervencións para comentar: un libro que me asustara moito, pois comentamos cal foi ese libro.
 |
Eu, eu, eu, quero falar eu!! |
 |
A verdade é que para as pequenas foi unha boa actividade de lectura rápida. |
 |
Camiño da liña! |
Foi tan exitosa a actividade que, como non houbo bingo na primeira sesión, tivemos que dedicarlle unha segunda...
 |
Realmente somos unha chea de xente!! |
 |
Pois a miña personaxe preferida é... |
 |
Na biblio sentamos como nos cadra... |
E descubrimos grandes lectoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario