Desta vez descubrir o kamishibai e xogar con el.
O kamishibai é unha modalidade xaponesa de narración oral. Utilízase un teatriño de madeira no que se van deslizando láminas ilustradas que acompañan a historia que narra a persoa contadora.
Na biblio temos un kamishibai e decidimos que o Club de Lectura era bo lugar para o aproveitar.
Na primeira sesión vimos unha sesión de contos narrados pola profa.
Despois fixemos equipos e cada un deles ideou e consensuou a historia que quería narrar. E elaboraron os seus guións/storyboards para o kamishibai antes de poñerse a deseñar láminas.
 |
| Fomos rápidas inventando!! |
 |
| Na planiña, cada unha das láminas pensadas... |
 |
| E se despois de ser felices e comer perdices os divorciamos? |
 |
| A nosa é topísima, pró!! |
 |
| Algunhas son capaces de pensar e posar á vez |
 |
| Feito o guión, deseñamos as láminas |
 |
| Eu fago esta! |
 |
| Pois! Picachu anda por aí!! |
 |
| O esquema dunha das historias.... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario