Como xa acabamos as nosas representacións dos libros lidos e xa rularon por todas nós, temos que escoller novas obras de lectura.
|
O primeiro, asemblea para poder organizarnos ben... |
O segundo, explicar a actividade:
|
O Booking seleccionou varios libros sorpresa que lle pareceron interesantes para o Club. |
E xa que nos gusta o teatro, aproveitar:
Cada equipo de nenxs escolleu un paquetiño (ou dous) e partindo da información das lapelas, da impresión da portada, do título, tiña que crear unha representación recomendadora dese libro.
|
Deseguido se puxeron mans á obra! |
|
Con ese título, ha falar de estrelas... |
|
Se tes un rotulador e imaxinción, xa podes ter can... |
E presentamos:
|
Asemblea de lectoras! |
|
Que gañe o noso, que gañe o noso!! |
|
Calquera cousa que teñamos pola biblio vale para inventar! |
|
Pensa como un gato. Anda polas alturas. |
Finalmente votamos e estas foron as tres escollas:
O meu gato é poeta, de Fran Alonso
Guau, guau, guau, de Carlos López e Eva Seoane
A cazadora de estrelas, María Canosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario