Amosando publicacións coa etiqueta Cazadora de estrelas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cazadora de estrelas. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de xullo de 2019

Mascotas mascotas mascotas

Como continuamos cos nosos libros animais, a proposta desta vez foi a de facer teatro de sombras e mascotas. 

iso si, antes, sesión teatral humana, que cada vez elaboramos máis as nosas representacións dos descansos e utilizamos máis atrezzo do que encontramos pola escola adiante...

Desta vez houbo grandes desgrazas!
Mesmo temos mortiño!
Que terá acontecido?

Xa na sesión do Club, traballo en equipos.

Que faremos, que faremos?
Comezan a aparecer ideas...
Como non, Booking non podía quedar sen sillueta propia!

Organizámonos tan ben, que até deu tempo de representar as obras!

mércores, 3 de xullo de 2019

Animaliños...

Estamos a ler tres libros con personaxes animais: os cans, no Guau guau guau, o gato poeta e os cabalos da Cazadora de Estrelas.

Decidimos facelos protagonistas da nosas sesión de hoxe e, despois de falar un pouco de cada libro, recorremos á Butaca de Contar para contar historias que tiveran protagonizado as nosas mascotas, o noso Trosqui, o Tobi, a Lúa ou os peixiños de cores...

Temos a Biblioteca patas arriba, porque aínda non acabaron as obras, pero tanto nos ten, usámola igual!

Erik contando de cando chegou o seu can á casa...
Clara e as súas aventuras cos lavancos do Río Gallo.
Alba contando de cando foron ao Grove de paseo... a por un cadelo!
Descobrimos que temos grandes contadoras entre o nos alumnado e que a Butaca de contar é unha das mellores inversión que pode e debe facer calquera Biblioteca que se prece.



 

Libros novos!!

Como xa acabamos as nosas representacións dos libros lidos e xa rularon por todas nós, temos que escoller novas obras de lectura. 

O primeiro, asemblea para poder organizarnos ben...
O segundo, explicar a actividade:

O Booking seleccionou varios libros sorpresa que lle pareceron interesantes para o Club.
E xa que nos gusta o teatro, aproveitar: 

Cada equipo de nenxs escolleu un paquetiño (ou dous) e partindo da información das lapelas, da impresión da portada, do título, tiña que crear unha representación recomendadora dese libro. 

Deseguido se puxeron mans á obra!
Con ese título, ha falar de estrelas...
Se tes un rotulador e imaxinción, xa podes ter can...
E presentamos: 

Asemblea de lectoras!
Que gañe o noso, que gañe o noso!!
Calquera cousa que teñamos pola biblio vale para inventar!
Pensa como un gato. Anda polas alturas.
Finalmente votamos e estas foron as tres escollas: 

O meu gato é poeta, de Fran Alonso
Guau, guau, guau, de Carlos López e Eva Seoane
A cazadora de estrelas, María Canosa.