Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Meixide. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Meixide. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de xullo de 2019

Cuntis, lugar de novela!

Que aínda non acabamos de gravar as historias dxs Cinco de Ons en Cuntis!! Desde que comezou a chover non parou nunca os martes das grandes... 

Hoxe saímos para gravar os espazos que faltaban: 

No monumento, claro, acontecen grandes desgrazas...
Alguén pon unha bomba e rebenta todo (o cura?, un terrorista?)

- Pró, podemos meter na historia as avestruces de Cuntis? 
- Que avestruces?
- Vén, que chas ensinamos...

E alá fomos, gravar as aestruces....
Tamén fomos á casa enctanda, mais non temos outras fotos, que deveu velar o carrete o seu espírito. 

A ver se editamos dunha o vídeo e llo enviamos a Carlos meixide e o compartimos con vós...


Video recensión: Arousa, Ons, Cans, Guitiriz

Tocaba saír a gravar a nosa proposta de nova novela, mais o inverno chegou e pillounos a chuvia e nada de abandonar os espazos cubertos... 
- Podemos facer unha vídeo recensión para lla enviar ao autor.
- Podemos!!

E alá nos puxemos, novamente, a gravar....

"Prevenidas, 1, 2, 3...", xa é unha frase habitual. 
Mellor en parellas, que dá menos vergonza...
Turnámonos para falar e para dirixir e para monitorizar cámara...


Iso sí, como ninguén se responsabiliza da edición, aí ficou o vídeo sen acabar... e sen enviar ao Carlos Meixide...



Cuntis: o libro

Como no Club de lectura das maiores andamos a voltas coa saga de Carlos Meixide e xs Cinco de Ons, pensamos que nada sería mellor que mostrar ao autor as enormes posibilidades que ten a Vila do baño e o seu entorno para protagonizar un novo libro de título evidente: Cuntis

Aproveitando estes días de inverno fríos pero soleados, fixemos chuvia de ideas sobre a posíbel trama desa nova entrega novelística e saimos a gravar: 

Por ideas que non sexa!!
A afogar na fonte da Praza das Árbores

Róubanlle a pluma á Monxa do Penedo...
- Ben, en realidade isto non é ficción, pró, que xa lla roubaron unha vez....

Arde a igrexa. Atentado? Accidente?
Aparecen mortos os lavancos do río. Sería algún bañista do balneario?
Son tantos os misterios posíbeis que poden investigar xs cinco de Ons, que non chegou a sesión para gravar todo. 

Continuará...


martes, 2 de xullo de 2019

Xeografía galega forever!

No Club de lectura de secundaria estamos a ler a saga toda creada polo Carlos Meixide: Ons, Cans, Guitiriz, Arousa.

Como igual non andamos moi ben en xeografía, fixemos un mapa-mural, xogando a adiviñar datos e características das localidades que protagonizan as novelas. Porque si, a Arousa sabemos onde anda, mas Guitiriz que, onde queda Guitiriz! 

Prometémonos ir á Arousa de paseo cando chegue a primavera...

Isto si que é un roteiro literario completo!
Como andamos ler libros diferentes aínda que protagonizados pola mesma panda, na seguinte sesión puxemos en común as aventuras dun libro e outros non sen antes facer litaxe, por orde, das nosas personaxes preferidas e máis odiadas, para intercambiarmos opinións e argumentos sobre iso. 

Mmmmm, a miña preferida é...
Comprobamos que dependendo do libro varíanos o gusto...
Porque o Roi, o Suso, a Anabel e a Fátima non se comportan igual dun a outro... E a Rula... A Rula a máis preferida do todas!