martes, 2 de xullo de 2019

Adoramos o teatro

Outra cousa non, mas no Club de lectura temos o teatro como unha das nosas actividades preferidas. 

O descanso despois de xantar xa nos dá para inventar as nosas historias. 
Así que, que mellor que aproveitar as nosas capacidades artísticas para continuar a falar dos nosos libros. Tiñamos pendente falar de Pippi e os Pés perfectos, que na anterior sesión só houbo Superheroínas...

E mans á obra!!

Mans á obra ou continuar a xogar un pouco...
No grupo dos pes optamos polo teatro de sombras...
No de Pippi tomamos en serio iso de facer un guion...
E non hai Pippi sen periquitos, claro!
Nin superheroína sen capa...
E estando prontas, público atento!
Aí vamos!!
E aquí, dúas mostras do noso traballo:








Ningún comentario:

Publicar un comentario