Amosando publicacións coa etiqueta Pippi. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pippi. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xullo de 2019

Adoramos o teatro

Outra cousa non, mas no Club de lectura temos o teatro como unha das nosas actividades preferidas. 

O descanso despois de xantar xa nos dá para inventar as nosas historias. 
Así que, que mellor que aproveitar as nosas capacidades artísticas para continuar a falar dos nosos libros. Tiñamos pendente falar de Pippi e os Pés perfectos, que na anterior sesión só houbo Superheroínas...

E mans á obra!!

Mans á obra ou continuar a xogar un pouco...
No grupo dos pes optamos polo teatro de sombras...
No de Pippi tomamos en serio iso de facer un guion...
E non hai Pippi sen periquitos, claro!
Nin superheroína sen capa...
E estando prontas, público atento!
Aí vamos!!
E aquí, dúas mostras do noso traballo:








Que estamos a ler?

Como no grupo das medianas estamos a ler libros diferentes, pois non queda outra que contarnos unhas ás outras que estamos a ler...

E nada mellor para iso que o teatro e a fantasía. 

Dedicamos unha sesión a preparar as nosas representacións para que todas coñeceran os nosos libros e tiveran ganas de levalos cando nós acabásemos con eles.

Pero que manía de ler até comendo!

A preparar o decorado para a nosa obra...
Aquelando os pes para falar do noso.
Que contamos de Pippi? 
Preparando á protagonista heroína...
Todo vale para ocultar a nosa identidade...
Fainos falta unha varita!!
E entradas para o teatro!!
Todo listo para as nosas obras!!

Que vontade de ler todo nos quedou!!


Por fin!!

Chegaron por fin os libros que escollemos para ler...

Pero antes, como nos teñen ocupado o Salón de actos, incumprimos normas e xantamos na Biblio...

Os bocatas saben mellor no sofá amarelo...

Como somos tantas, con gustos tan diferentes, e ao tempo, NEGÁMONOS ROTUNDAMENTE a facer subgrupos,
[- Que non, profas, que non nos dividimos!]
decidimos votar e escoller tres obras e ir lendo e intercambiando entre todas. na votación sairon estas: 

Teño uns pes perfectos, de María Solar.
Pippi Medias Longas, de Astrid Lindgren
Cara de velocidade, de Marga tojo.

Ao termos os libros cononosco, tocu o reparto. Ao sermos tal manada levou un tempo...

Na espera, a sorpresa
 A medida que recibía o seu libro, cada parella ía acomodándose pola biblio adiante para... LER!! Isto si é un Club de lectura!!

No agocho da casiña...
No sofá...
Nos puffs...
Nas butacas...
Unha vez feito o reparto, propuxémos a actividade do día. Foise incorporando quen quixo, pois os libros tiñan algo que atrapaba e non deixaba abandonar o ler...

Descalzarnos... (si, podemos descalzarnos na biblio!)

E pintar os nosos pés perfectos!!
Pés marabillosos!
Que luciron así no corredor...
Non só houbo pés...

Tamén superheroínas con Cara de velocidade...
Co seu antiface e o seu traxe galáctico...