martes, 5 de xullo de 2022

Your name

 Na primeira sesión do Club de Manga, como todas, estaba destinada a escoller lectura. 

Foi aceptada a proposta de lermos Your name, de Makoto Shinkai, un clásico tanto en manga como en anime. Decidimos buscar obras con edición de volumes limitada, para podermos facer lecturas integrais. Neste caso, Your name consta de tres volumes.

Ademais poderemos visionar a versión anime, outro clásico do cine animado xaponés. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario