Na primeira sesión do Club de Lectura As Campainhas xuntámonos 11 persoas. Comemos xuntas na escola e às 14.30 xa estabamos na Biblio para facer unha literaria sobremesa...
![]() |
| ...dóce sobremesa!! |
A primeira actividade consistiu na lectura do Decálogo da boa lectura... Cada unha lemos un fragmento, ao tempo que o comentabamos e...
![]() |
| ...enredabamos un fío nos nosos dedos... |
O obxectivo?
![]() |
| Sentir o club e a lectura como actividades e responsabildiades compartidas! |
Ai, moito doía cando alguén tesaba a lá... Uf! Moito aliviaba cando alguén achegaba a man ao centro...
Entre conversa e conversa fomos facendo as nosas propostas para o primeiro libro do ano. Finalmente, Nico convenceunos a todas e todos:
![]() |
| E esta será a primeira lectura... |
Xa vos contaremos!!




Ningún comentario:
Publicar un comentario