mércores, 3 de xullo de 2019

Día de Rosalía

Tres circunstancias contribuíron nesta sesión: 
  • aínda non chegaron os libros novos
  • Acaba de celebrarse o Día de Rosalía
  • vai un solciño de febreiro marabilloso.


Desta maneira só había unha posibilidade: irmos facer a sesión do Club con Rosalía no Monumento, un parque, para as que non sodes de Cuntis, que está perto da escola e que preside unha monumental (o nome é ben imaxinativo) escultura de Asorey. 

Que gusto sair ao aire libre!!
No parque repartimos a cada equipo de nenxs un libro de Rosalía de Castro e unha proposta de poema para recitar. e alá se esparexeron polo parque adiante para practicar e memorizar o seu texto!

O problema: todxs querían ensaiar no monumento...

Evidentemente: Booking quixo vir con nós!

Ningún comentario:

Publicar un comentario