Non veñen os libros pero si a primavera. E non temos Biblio, que pechou por obras. e non queda outra que facer a sesión no Salón de actos e nos exteriores primaverís da escola.
Propuxemos á nosa rapazada un xogo de observación: a cámara fotográfica.
Agrupadas por parellas tiñan que facer unha de fotógrafa, outra de cámara. A cámara, axudada pola fotógrafa, tiña que camiñar cos ollos pechos, e só abrilos, por un segundo, cando a fotógrafa premese o disparador, é dicir, dese un golpiño na cabeza. O papel da fotógrafa é o que o seu nome indica: buscar o detalle, o marco incomparábel, o invisíbel a ollo nu, para imortalizalo no papel...
|
Á procura da foto perfecta no invernadoiro. |
|
Nas leiras das veciñas da escola... |
|
Mesmo no composteiro pode haber beleza... |
Unha vez feitas as fotografías, tocaba sesión de revelado...
|
No laboratorio, claro... |
|
Menos mal que o laboratorio é grande!!
|
|
E as fotos van collendo cor... |
|
Mesmo as do composteiro!! |
|
Ao final quedounos unha colección ben xeitosa! |
Xa o din as expertas: onde estea a fotografía analóxica, que se saque a dixital
Ningún comentario:
Publicar un comentario