mércores, 3 de xullo de 2019

Non á censura!

No Club das grandes comezamos a ler Memoria do Silencio, de Eva Mejuto, despois de seguir o mesmo proceso que no grupo de Primaria a cata a cegas.
Coñecemos a historia das irmás Touza e soubemos da presenza dos nazis na Galiza (foi o que máis chamou ao grupo para facer esta escolla).
E estando na lectura, soubemos do acontecido á xente da Biblioteca Escolar Punta Candieira, de Cedeira, que veu unha das súas exposicións, inspirada após un obradoiro de poesía con Carlos Negro, censurada porque alguén non gostou dalgún dos seus poemas. 

Lemos o poema, comentámolo, e sabendo que ante as inxustizas non vale a neutralidade (que farían as irmás Touza?) pensamos que debiamos posicionarnos, pois ante todo, debemos estar do lado da liberdade creativa e de opinión. 
A decisión final foi visibilizarmos na nosa escola o texto que alguén non quería que fose lido. 

O poema e a censura.
A ver se o damos feito igualiño...
 A cousa vai indo...





Ningún comentario:

Publicar un comentario