Acabada Memoria do Silencio, no Club de lectura das grandes fixemos unha nova escolla: El Libro Azul, de Lluis Prats.
Como a historia que narra comeza nunha biblioteca, coa conversa entre unha bibliotecaria horrorizada e un mozo que NON le nada, pero NADA, fixemos un xogo sobre clásicos (aqueles que o neno descoñece, para espanto da bibliotecaria), lecturas, canon e cultura libreira.
Sempre recorremos ás tarxetas, somos fans delas!... Neste caso, capas e sinopses dos libros.
Deducindo e decidindo entre todas! |
Pois esta nin idea de que pode ser... |
mmmmmm! |
Xa o temos, xa o temos!! |
Unha vez feitas as parellas de libros, fomos comentando cada un, cales coñecíamos, cales dos coñecidos leramos e de cales sabíamos por películas ou videoxogos, cales descoñecíamos totalmente, e demos en pensar que a conversa da novela era moi pouco verosímil porque calquera de nós sabe moito máis de libros do que parece... mesmo sen ler todo o habido e por haber.
Ningún comentario:
Publicar un comentario