Chegaron por fin os libros que escollemos para ler...
Pero antes, como nos teñen ocupado o Salón de actos, incumprimos normas e xantamos na Biblio...
|
Os bocatas saben mellor no sofá amarelo... |
Como somos tantas, con gustos tan diferentes, e ao tempo, NEGÁMONOS ROTUNDAMENTE a facer subgrupos,
[- Que non, profas, que non nos dividimos!]
decidimos votar e escoller tres obras e ir lendo e intercambiando entre todas. na votación sairon estas:
Teño uns pes perfectos, de María Solar.
Pippi Medias Longas, de Astrid Lindgren
Cara de velocidade, de Marga tojo.
Ao termos os libros cononosco, tocu o reparto. Ao sermos tal manada levou un tempo...
|
Na espera, a sorpresa |
A medida que recibía o seu libro, cada parella ía acomodándose pola biblio adiante para... LER!! Isto si é un Club de lectura!!
|
No agocho da casiña... |
|
No sofá... |
|
Nos puffs... |
|
Nas butacas... |
Unha vez feito o reparto, propuxémos a actividade do día. Foise incorporando quen quixo, pois os libros tiñan algo que atrapaba e non deixaba abandonar o ler...
|
Descalzarnos... (si, podemos descalzarnos na biblio!) |
|
E pintar os nosos pés perfectos!! |
|
Pés marabillosos! |
|
Que luciron así no corredor... |
Non só houbo pés...
|
Tamén superheroínas con Cara de velocidade... |
|
Co seu antiface e o seu traxe galáctico... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario