No Club de lectura de secundaria estamos a ler a saga toda creada polo Carlos Meixide: Ons, Cans, Guitiriz, Arousa.
Como igual non andamos moi ben en xeografía, fixemos un mapa-mural, xogando a adiviñar datos e características das localidades que protagonizan as novelas. Porque si, a Arousa sabemos onde anda, mas Guitiriz que, onde queda Guitiriz!
Prometémonos ir á Arousa de paseo cando chegue a primavera...
Isto si que é un roteiro literario completo! |
Como andamos ler libros diferentes aínda que protagonizados pola mesma panda, na seguinte sesión puxemos en común as aventuras dun libro e outros non sen antes facer litaxe, por orde, das nosas personaxes preferidas e máis odiadas, para intercambiarmos opinións e argumentos sobre iso.
Mmmmm, a miña preferida é... |
Comprobamos que dependendo do libro varíanos o gusto... |
Porque o Roi, o Suso, a Anabel e a Fátima non se comportan igual dun a outro... E a Rula... A Rula a máis preferida do todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario