Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de xullo de 2019

Día de Rosalía

Tres circunstancias contribuíron nesta sesión: 
  • aínda non chegaron os libros novos
  • Acaba de celebrarse o Día de Rosalía
  • vai un solciño de febreiro marabilloso.


Desta maneira só había unha posibilidade: irmos facer a sesión do Club con Rosalía no Monumento, un parque, para as que non sodes de Cuntis, que está perto da escola e que preside unha monumental (o nome é ben imaxinativo) escultura de Asorey. 

Que gusto sair ao aire libre!!
No parque repartimos a cada equipo de nenxs un libro de Rosalía de Castro e unha proposta de poema para recitar. e alá se esparexeron polo parque adiante para practicar e memorizar o seu texto!

O problema: todxs querían ensaiar no monumento...

Evidentemente: Booking quixo vir con nós!

mércores, 4 de xullo de 2018

Recitamos Rosalía.

Todos os anos, a AELG fai unha proposta para festexar o Día de Rosalía. A deste ano leva por título #abrideafiestra, xogando coa mítolóxica frase da poeta no seu leito de morte: abride a fiestra, que quero ver o mar. 



No Club das Medianas pensamos en facer unha sesión rosaliana e decidimos memorizar e recitar na xanela, entre todas, o seu "has de cantar".