martes, 2 de xullo de 2019

Comezamos!

Ai, mimá! Cantas somos! Como comeza este curso!

37 nenas e nenos temos este ano en Primaria!

Quen vai aprender tanto nome!!

A mellor solución: obradoiro de chapas para sabernos colegas de club e podernos chamar polo nome, cortesía básica.

Ás veteranas do ano pasado, xuntáronselle novas colegas chamadas pola boa fama da actividade... 
Pouca mesa para tanta xente. Menudo ano nos agarda!
Unha vez personalizada a nosa chapa (o único obrigado, o nome) na sección de artes, pasamos á sección tecnolóxica: 

Cando me toca a min??
Mesmo o Booking quiso facer a súa identificación para asistir ao Club...
E ti, non queres ser do Club?
Unha vez sabidas quen somos e onde estamos, podemos botar a andar as nosas actividades.




Ningún comentario:

Publicar un comentario