A última sesión do Club das Medianas foi un pouco extraña por diminuída. Estaban de excursión todo o alumnado de 3EP e 4Ep, polo que só asistiu ao Club o grupo de 5EP.
Como estábamos a punto de realizar a nosa saída de Fin de Curso, decidimos convertirnos en monitoras e organizar un xogo de probas para facer na praia durante a nosa saída á Illa de Arousa.
Pero antes comemos bica de chocolate, para despedir o ano! |
Ben, e antes lemos un conto de terror do libro preferido de Samuel, para pasarmos medo... |
No continúes, non continúes! Que medo!! |
Cando por fin acabamos co terror, puxémonos mans á obra...
A secretaria tomaba nota... |
Monitoras, proba que fai cada unha, lugar da Area da Secada onde se van situar, material necesario...
E preparamos un xogo para as compañeiras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario