Como un dos libros que lemos no CLub de Lectura das grandes foi o Arousa, de Carlos Meixide, alá fomos de excursión. Primeiro, para coñecer os lugares onde transcorren as aventuras de de Roi, Suso, Sabela, Fátima e Rula, e outra, para pasar un día agradábel todas xuntas na praia, despois dun curso enteiro partillando libros e lecturas.
|
Paseamos Carreirón, en silencio ás veces, por ver de escoitar paxaros... |
|
Pudemos ver arroazes a saltitar na auga!!! |
- Por alí resopla!!
|
Mesmo tivemos tempo de ler, nos descansos da merenda |
E á tarde mudamos de praia e fomos para a Area da Secada, onde fixemos o noso xogo de probas co alumnado de 5ºEP a exercer de monitorado.
|
O xogo do pano |
|
Encher un vasiño de mar |
|
Facer esculturas na area |
|
Imitar esculturas con mímica... |
|
Descobrirnos como superherois... |
|
E gozarmos un ano máis de partillar o Club de lectura... |
Vémonos o ano que vén!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario