A xuntanxa do Club das Medianas pillounos en pleno Samaín...
O primeiro, alimentarnos ben! As que non imos ao comedor escolar, xantamos xuntas no salón de actos do cole. Un bocata, un petisco...
Ou un manxar preparadísimo en friameira supermolona! |
Como andabamos ás voltas co medo e os defuntos e as cabazas, na sobremesa xogamos a pintarnos.
Olleiras de durmir pouco... |
Arañeiras de lavarnos pouco... |
E comprobamos que non somos vampiras... |
Gastamos un cacho de tempo admirando a creatividade das cabazas medoñentas na Exposición...
Cada becho noxento foinos rosmando a súa aterradora historia... |
Así, metidas no tema, inspiradas por caras asustadoras e monstros estraños, fomos para a biblio, ás escuras...
E coa luz das lanternas, só, contamos e escoitamos terríbeis historias de medo... |
Fomos unhas valentes!! |
Quen non teme que apareza a pantasma!! |
Ou a zombie! |
Foi nesta tarde que soubemos dun amigo que nos acompañará o resto do curso e das nosas vidas: Marcos Chedas Sánchez.
Marcos foi un neno de Portela que estudou no CPI hai moitos anos, nos tempos das avoas. As profes sempre advertían de baixar o recreo en fileira e orde, para non ter accidentes estraños... E Marcos e as súas amigas non facían caso.
Un día, baixando as escadas que hoxe son as da ESO, Marcos ía discutindo cunha compañeira, Laura, se ovella era con b ou con v. Laura insistía: Que é con v! e empurrouno así, como de broma. Marcos caiu rodando escadas abaixo e alí quedou, no chan. Nunca máis abriu os ollos.
Agora vaga polos corredores da escola buscando nenas e nenos con quen xogar. Pode que se apareza nun baño, nunha aula medio baleira ou que vos escriba na mesa para que lle fagades caso. Mais non é malo. É só unha pantasmiña que se aburre moito no alén.
asdsad
Ningún comentario:
Publicar un comentario