E chegou o fin de curso!
E chegou a última sesión do Club das Grandes. Partillamos unha boa bica e os nosos comentarios sobre os 4_xinetes, de Anxo Fariña.
Falar con doce na boca é mellor que sen el. |
Nas sesións anteriores aprendemos a historia orixinal dos 4 xinetes da apocalipse, que nos recordou o mito de Pandora, e todas as conexións que no libro vimos con vellas historias bíblico-mitolóxicas.
Nesta última sesión, falamos de distopías e realismo e verdade e mentira...
O grupo adorou o libro e quería saber máis; ben, en realidade, unha soa cousa: haberá segunda parte?
E como non daba tempo a convidar ao autor a que visitase o centro, decidimos escribirlle:
A consensuar o texto que lle enviamos.... |
Contestou? SI!! Pero a resposta queda entre nós, segredo de lectoras e autor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario