O Club das Medianas aínda non decidimos que ler!
Hoxe chegamos e tiñamos uns presentes na Biblio:
|
Que haberá aí dentro? |
|
OOOOOOOOH! Libros!!! |
|
E ti que tes? e ti que tes? |
A proposta: "vender" o noso libro. Convencer ao resto de compañeiras de que a nosa lectura vai ser a máis interesante. Como? Como queiramos, sempre enriba do escenario.
|
E se facemos isto? E se facemos aquilo? |
|
"Eu creo esencial que metamos unha pantasma!" |
Aínda que non veña a conto!
E fomos para o salón de actos e cos nosos vestuarios e os nosos atrezzos, explicamos cada unha das propostas de lectura...
|
A contarnos Pippi Mediaslongas |
|
E os Contos Nerviosos... |
|
Ui! Que conto será este?? |
|
Boas noites, ou a nena que non quería ir á escola. |
|
as 27 historias para comer a sopa... |
|
E, e, e,e... e este cal era?! |
Finalmente triunfaron, na selección final, os Contos Nerviosos, de Fran Alonso. A eles imos dedicar as próximas sesións do Club!
Ningún comentario:
Publicar un comentario