Despois de falarmos das lecturas de verán, toca escoller as lecturas de inverno.
Para iso, preparamos un xogo para o grupo de Secundaria...
Como o tema transversal deste curso é Un planeta feliz, ecoloxía e desenvolvemento sustentábel, fixemos unha preselección de lecturas entre as que incluimos algunhas relacionadas co tema:
As nenas e nenas do Club, en grupiños, tiveron que relacionar a capa do libro coa sinopse correspondente. Desta maneira coñecían as propostas e podían discutir cal escoller...
E será este? E será aquel? |
Papeliños e fotos |
Este! Este!! |
Só que temos un problema coas integrantes do Club! fan o que lles peta! E decidiron que esas propostas non eran suficientes e comezaron a rastrexar a Biblioteca á procura de libros atractivos e a falar do que querían ler...
E como sempre Nico convenceu a todas as compañeiras para ler a súa proposta...
Cal?
Xa o saberedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario