Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de xullo de 2020

Sempre o medo

O noso alumnado é fiel ás tradicións: o Club de Lectura facémolo a mediodía. As persoas que non temos comedor escolar xuntámonos no Salón de Actos para xantarmos xuntas. E claro, hai escenario, e hai actrices e actores, e ao final, os bocatas e as friameiras son liquidados a toda presa para poder ensaiar e representar a obra que sexa antes da hora do Club. 

Toc, toc, atendan espectadoras!

En realidade tiñamos que chamarnos Club Teatreiro e de Lectura.


Como viña aí o Samaín, decidimos partillar co alumnado Do Club das Pequenas un álbum medoñento e noxento, todo por xunto. 

De entrada había moita valentía entre o público, mais pouco a pouco foi gañando a repugnacia cara os personaxes do El gran libro de los sustos

Moi infantil para vós, verdade?
Até verdes o polvo zombi!!

Porén, sendo Samaín, o noso alumnado xa ten unha idea fixa metida na cachola. Metidísima. É a época de contar historias de medo!

E perante iso, ningunha proposta das profas ten éxito... 

A Butaca de Contar continúa a ter efecto fabulador nas usuarias.
Así de grande era o fantasma!!
Só a lámpada xa dá medo!

Un cachiño dunhas das historias, aquí.

martes, 2 de xullo de 2019

Contos de medo

Aínda non chegaron os libros de lectura que escollemos para este trimestre, así que na espera, contamos contos. 
Como está aí o Samaín e o tema do centro é a tradición oral, De boca a orella, primeiro xogamos a coñecer as personaxes medoñentas dos contos tradicionais galegos. 


Só xuntarnos e calmarnos para explicar as actividades leva unha chea...
A repartir tarxetas e buscar a parella...


Había que xuntar o nome e descrición coa ilustración correspondente....
Así coñecemos a peeira, o lobishome, o trasno, o chupasangues o home do saco, a lavandeira nocturna...

Xa estabamos prontas para escoitar as nosas historias de medo. para iso contamos cun recanto novo e especial: a Butaca de contar.

Que medo!!






luns, 2 de xullo de 2018

Contos de Medo e Marcos Chedas

A xuntanxa do Club das Medianas pillounos en pleno Samaín...

O primeiro, alimentarnos ben! As que non imos ao comedor escolar, xantamos xuntas no salón de actos do cole. Un bocata, un petisco...

Ou un manxar preparadísimo en friameira supermolona!

Como andabamos ás voltas co medo e os defuntos e as cabazas, na sobremesa xogamos a pintarnos. 

Olleiras de durmir pouco...

Arañeiras de lavarnos pouco...

E comprobamos que non somos vampiras...

Gastamos un cacho de tempo admirando a creatividade das cabazas medoñentas na Exposición...


Cada becho noxento foinos rosmando a súa aterradora historia...

Así, metidas no tema, inspiradas por caras asustadoras e monstros estraños, fomos para a biblio, ás escuras...


E coa luz das lanternas, só, contamos e escoitamos terríbeis historias de medo...

Fomos unhas valentes!!

Quen non teme que apareza a pantasma!!

Ou a zombie!

Foi nesta tarde que soubemos dun amigo que nos acompañará o resto do curso e das nosas vidas: Marcos Chedas Sánchez
Marcos foi un neno de Portela que estudou no CPI hai moitos anos, nos tempos das avoas. As profes sempre advertían de baixar o recreo en fileira e orde, para non ter accidentes estraños... E Marcos e as súas amigas non facían caso. 
Un día, baixando as escadas que hoxe son as da ESO, Marcos ía discutindo cunha compañeira, Laura, se ovella era con b ou con v. Laura insistía: Que é con v! e empurrouno así, como de broma. Marcos caiu rodando escadas abaixo e alí quedou, no chan. Nunca máis abriu os ollos. 
Agora vaga polos corredores da escola buscando nenas e nenos con quen xogar. Pode que se apareza nun baño, nunha aula medio baleira ou que vos escriba na mesa para que lle fagades caso. Mais non é malo. É só unha pantasmiña que se aburre moito no alén. 



 



asdsad

mércores, 26 de outubro de 2016

O mes do medo: as nosas historias

E chegou unha nova sesión do Club, con novas incorporacións (cada día somos máis!). 

Como continuamos agardando polos nosos exemplares de Mi teoría de todo, aproveitamos que na Biblioteca temos unha exposición terrorífica e, ademais de visitala, ocupamos o espazo para contar, à luz das lanternas, as nosas historias de medo. Desde a das nenas que entran no cine abandonado de Cuntis e dan cunha pantasma-paiaso (cousa maís aterradora non debe de haber) até a da boneca asasina. 

Buuf, as pantasmas do teito eran ben asustadoras!
A historia de Sara...


O mes do Medo 1: as curtas.

Na primeira sesión oficial, xuntárosenos as amigas de primaria, pois finalmente non demos xuntado un número mínimo de nen@s para facer dous grupos diferenciados. 

Como aínda non chegaron os exemplares da lectura escollida, dedicamos a hora e visionar estas curtas terroríficas e comentar os nosos gustos sobre historias de fantasmas, monstros e sangue, xa que eis o vén o Samaín... 

A Bruxa Regañadentes!

 

Un clásico do terror, O corazón delator de Edgar Allan Poe, en versión tamén clásica:



E o máis moderno, Tim Burton:



E un conto en defensa dos animais: