Sabedes que algunhas das integrantes do Club de Lectura xantamos xuntas no Salón de Actos porque non imos ao Comedor Escolar.
Pois ultimamente hai quen non xanta nada (como se enteren na casa...) ou engole o bocata a fume de carozo porque así pode facer teatro... antes do Club.
A que monta a nosa rapazada en dez minutos!!
|
O lobiño bo camiñando polo bosque... |
Estamos a pasalo en grande lendo
A señorita Bubble.
Hoxe decidimos ser como ela: grandes inventoras dispostas a mellorar o mundo coas nosas máquinas e engrenaxes.
Tivemos á nosa disposición todo tipo de materiais imposíbeis: papeis, revistas, lantexoulas, pegamentos, brili-brillis...
|
Na nosa biblioteca_laboratorio |
|
Selección de materia prima |
|
Primeiros protótipos |
|
Reloxio do tempo? |
|
Ai, canto corazón!! |
E fomos dando cabo dos nosos inventos.
|
O espiral... |
|
E as súas autoras. |
|
Inventora e inventor da Destrozacorazóns |
|
A pluma amorosa... |
|
O coello multiusos... |
|
A máquina das cores. |
|
A cor da fantasía. |
|
O Coche azlotodo ;) |
|
E as súas inventoras! |
Xa estamos listas para incorporarnos ao equipo da señorita bubble nas súas aventuras!
|
Aí!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario