Bakuman lémolo a voar! As persoas que había reticentes á lectura de manga (había, si) aceptaron que tiñan algún tipo de prexuízo co xénero, porque gostaron da historia e quedaran con vontade de continuar cos seguintes volumes da serie.
Para iso serven os Clubs de Lectura.
Antes de continuar co manga a voltas, decidimos escoller o seguinte libro de lectura, para que dese tempo á Biblio a facerse con el.
Houbo unha única condición: que estivese en galego, porque xa está ben, que aínda non lemos ningún en todo o ano!
Comentamos as propostas da profa... |
As propias... |
E votamos! |
Próximo libro: 4_xinetes, de Anxo Fariña.
E despois xogamos a ser mangakas: deseña a protagonista do teu manga. Como sería? A que se dedicaría? Cal sería a súa aventura?
Aí, dándolle duro ao lapis! |
Algunha foi directamente ao seu manga preferido... |
E entrámoslle á nosa nova estrela... |
Porque non é certo que non leamos en galego... Se fomos das primeiras lectoras de TAM, o primeiro manga galego!
Ningún comentario:
Publicar un comentario