Amosando publicacións coa etiqueta Bakuman. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bakuman. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de xullo de 2018

Traducir do xaponés

Como no Club das Grandes lemos un manga, falamos cun experto en mangas.

Quen mellor para falarnos dese mundo que unha persoa que estudou xaponés, viviu en Xapón e vive do xaponés, pois traduce obras dese idioma tanto a castelán como a galego: Gabriel Álvarez estivo unha tarde con nós e contounos todo canto quixemos saber.

Acompañounos na visita o grupo de 1º ESO, pois a profa de Educación Plástica pensaba que lle viña ben para o tema da banda deseñada...

Gabriel contounos como se interesou por Xapón desde pequeno...

Soubemos o básico da escrita xaponesa...

Compartiu con nós os seus mangas favoritos...
E explicounos o habido e por haber da cultura xaponesa...

Saimos ben aprendidas!!




Caderno manga...

Chegaron por fin os catro apocalípticos xinetes de Anxo Fariña. Hoxe combinamos os capítulos para ler de cara á proóxima sesión e continuamos co manga ás voltas. 

Como a profa fixo un obradoiro de ilustración no Salón do Libro Infantil e Xuvenil, explicounos como facer un minicaderno e decidimos ilustralo coa nosa historia: 

Os 4_xinetes e o modelo da profa en primeiro plano.
Adoramos sacar as cores e as revistas!

Concentradas no traballo..
A idea era que cadaquén escribise a súa pequena historieta manga, mais a cousa foi derivando... 

...ao collage ilustrador.

Acabamos a sesión cadaquén co seu volume: 

Polo menos lense de dereita a esquerda!


mércores, 4 de xullo de 2018

Somos mangakas!

Bakuman lémolo a voar! As persoas que había reticentes á lectura de manga (había, si) aceptaron que tiñan algún tipo de prexuízo co xénero, porque gostaron da historia e quedaran con vontade de continuar cos seguintes volumes da serie. 

Para iso serven os Clubs de Lectura. 

Antes de continuar co manga a voltas, decidimos escoller o seguinte libro de lectura, para que dese tempo á Biblio a facerse con el. 

Houbo unha única condición: que estivese en galego, porque xa está ben, que aínda non lemos ningún en todo o ano!

Comentamos as propostas da profa...

As propias...

E votamos!

Próximo libro: 4_xinetes, de Anxo Fariña. 

E despois xogamos a ser mangakas: deseña a protagonista do teu manga. Como sería? A que se dedicaría? Cal sería a súa aventura? 


Aí, dándolle duro ao lapis!
Algunha foi directamente ao seu manga preferido...

E entrámoslle á nosa nova estrela...

Porque non é certo que non leamos en galego... Se fomos das primeiras lectoras de TAM, o primeiro manga galego!




De mangas e mangakas

Estamos a ler Bakuman, un manga que nos interesa xustamente porque conta a historia de dous mozos que queren chegar a mangakas (autores de manga). Así, a través das súas aventuras, aprendemos conceptos e características básicas deste xénero literario. 

Aprendemos? 


mais se temos unha experta no grupo! E Saray non tivo problema en prepararnos unha sesión na que nos contou todo o habido e por haber no mundo manga. 

Trouxo as súsa revistas preferidas!

E comentounos as series coas que máis goza...

Atendemos moito...

Como cada vez que unha alumna vira profe!