Amosando publicacións coa etiqueta 4_xinetes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4_xinetes. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de xullo de 2018

FIN!!!

E chegou o fin de curso! 

E chegou a última sesión do Club das Grandes. Partillamos unha boa bica e os nosos comentarios sobre os 4_xinetes, de Anxo Fariña. 

Falar con doce na boca é mellor que sen el.

Nas sesións anteriores aprendemos a historia orixinal dos 4 xinetes da apocalipse, que nos recordou o mito de Pandora, e todas as conexións que no libro vimos con vellas historias bíblico-mitolóxicas. 

Nesta última sesión, falamos de distopías e realismo e verdade e mentira... 

O grupo adorou o libro e quería saber máis;  ben, en realidade, unha soa cousa: haberá segunda parte? 

E como non daba tempo a convidar ao autor a que visitase o centro, decidimos escribirlle: 

A consensuar o texto que lle enviamos....


Contestou? SI!! Pero a resposta queda entre nós, segredo de lectoras e autor!


Caderno manga...

Chegaron por fin os catro apocalípticos xinetes de Anxo Fariña. Hoxe combinamos os capítulos para ler de cara á proóxima sesión e continuamos co manga ás voltas. 

Como a profa fixo un obradoiro de ilustración no Salón do Libro Infantil e Xuvenil, explicounos como facer un minicaderno e decidimos ilustralo coa nosa historia: 

Os 4_xinetes e o modelo da profa en primeiro plano.
Adoramos sacar as cores e as revistas!

Concentradas no traballo..
A idea era que cadaquén escribise a súa pequena historieta manga, mais a cousa foi derivando... 

...ao collage ilustrador.

Acabamos a sesión cadaquén co seu volume: 

Polo menos lense de dereita a esquerda!