Este ano comezamos en tempo: en setembro organizamos as Xuntanzas Informativas para a organización dos Clubs de Lectura.
Nun recreo Primaria, noutro recreo Secundaria.
Procurando acomodo para a reunión. |
Atentas! Non o vou explicar dúas veces! |
E unha proposta nova: apeteríalle ao grupo de Secundaria participar nun Club de Album Ilustrado?
Interesou!
Finalmente, dada a afluencia de persoas interesadas, organizamos tres grupos, que se reunirían quincenalmente:
- 3º e 4º de EP
- 5º e 6º de EP
- Secundaria: unha quincena lectura ordinaria, outra quincena, álbum ilustrado.
Somos unha chea de xente!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario