Amosando publicacións coa etiqueta ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESO. Amosar todas as publicacións

sábado, 4 de xullo de 2020

O curioso incidente do can a medianoite

Acabadas as sesións de lectura do Curioso incidente do can a medianoite, de Mark Haddon, propuxemos ao grupo que fixeran un vídeo didáctico con ilustracións, do estilo deste, contando o que lles parecera o libro. 

E puxéronse mans á obra!

As personaxes importantes
O can asasinado
Igual ter coñecido álbuns ilustrados inspira ao grupo...

venres, 3 de xullo de 2020

Xuntanzas informativas

Este ano comezamos en tempo: en setembro organizamos as Xuntanzas Informativas para a organización dos Clubs de Lectura. 
Nun recreo Primaria, noutro recreo Secundaria. 

Procurando acomodo para a reunión.

Atentas! Non o vou explicar dúas veces!

E unha proposta nova: apeteríalle ao grupo de Secundaria participar nun Club de Album Ilustrado? 

Interesou!

Finalmente, dada a afluencia de persoas interesadas, organizamos tres grupos, que se reunirían quincenalmente:

  • 3º e 4º de EP
  • 5º e 6º de EP
  • Secundaria: unha quincena lectura ordinaria, outra quincena, álbum ilustrado.
Somos unha chea de xente!!




martes, 14 de xaneiro de 2020

O Curioso Incidente do can a medianoite

Christopher de carne e óso. É como imaxinávades? 


Podedes coñecelo con acento arxentino, tamén:

Atrevédesvos a facer algo do estilo co Curioso incidente do can a medianoite