O noso alumnado é fiel ás tradicións: o Club de Lectura facémolo a mediodía. As persoas que non temos comedor escolar xuntámonos no Salón de Actos para xantarmos xuntas. E claro, hai escenario, e hai actrices e actores, e ao final, os bocatas e as friameiras son liquidados a toda presa para poder ensaiar e representar a obra que sexa antes da hora do Club.
Toc, toc, atendan espectadoras! |
En realidade tiñamos que chamarnos Club Teatreiro e de Lectura.
Como viña aí o Samaín, decidimos partillar co alumnado Do Club das Pequenas un álbum medoñento e noxento, todo por xunto.
De entrada había moita valentía entre o público, mais pouco a pouco foi gañando a repugnacia cara os personaxes do El gran libro de los sustos.
Moi infantil para vós, verdade? |
Até verdes o polvo zombi!! |
Porén, sendo Samaín, o noso alumnado xa ten unha idea fixa metida na cachola. Metidísima. É a época de contar historias de medo!
E perante iso, ningunha proposta das profas ten éxito...
A Butaca de Contar continúa a ter efecto fabulador nas usuarias. |
Así de grande era o fantasma!! |
Só a lámpada xa dá medo! |
Un cachiño dunhas das historias, aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario