Este ano a nosa mascota da Biblioteca sufriu moito. Foi detida e ameazada de expulsión do país, todo por ser un tigre de Bengala. No centro mobilizámosnos para evitalo (conseguimolo) E tamén acabamos por pensar en cousas nas que non tiñamos reparado.
Unha delas: que fai un tigre en Cuntis. Como chegou a nós?
E niso traballamos no Club de Lectura das Pequenas.
Coñecemos a Calvin e Hobbes, porque Hobbes tiña para nós moito en común con Booking (non deixa de ser un boneco para a maioría da xente que cobra vida para nós). E como Calvin e Hobbes é unha tira cómica, propuxemos ao grupo elaborar a nosa tira cómica coa historia da chhegada de Booking a Cuntis.
Entre todas en asemblea demos forma á historia. E fomos marcando en cada folio-cadriño a acción correspondente. Despois, por grupiños de dúas ou tres persoas, deseñamos e pintamos os cadriños.
Traballo repartido!! |
Podemos sacar ideas de Calvin? Podedes! |
Que vos parece se facemos así? |
Inspiradísima |
E, claro é, partillamos coa escola no CIE de Booking.
Banda deseñada colectiva!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario