venres, 3 de xullo de 2020

Mortiña

O grupo de 3º e 4º EP decidiu no Bingo que adoraba as historias de medo, de moito medo, de moitísmo medo. 

E como Samaín anda preto, propuxemos traballar cunha historia medontísima. Collemos o último libro de Mortiña, contando que, ao ser novidade editorial, non o coñecería ningunha integrante do club e desaparecémoslle as palabras.  

É dicir, escaneamos as ilsutracións, barallámolas, e repartimos a cada grupo de nenas e nenos un lote delas. Consigna? Tedes que inventar a historia que hai agachado nos deseños. 

Os grupos precisaron algo de axuda por parte nosa...
Que puido ter acontecido aquí?
Xa temos unha idea! Este é o comezo!
Que vos parece se a nena foxe da casa e se esconde entre as hedras?
Ordenadas xa están!

A verdade é que nos levou dúas sesións, organizar as historias e partillalas co grupo. Aquí podedes coñecer unha delas. 

E claro, ao final coñecemos a Mortiña orixinal, que tamén era para iso o conto...




Ningún comentario:

Publicar un comentario