venres, 3 de xullo de 2020

A balada dos Unicornios

No grupo de 5º e 6º EP, escollemos lectura para compartir. Despois da sesión de escolla, na que presentamos os libros seleccionados polas profas e acrescentamos aqueles propostos polo alumnado do Club, a selección foi fácil e rápida: Ledicia Costas

Xa lemos outro ano A Señorita Bubble. E non houbo competencia posíbel ao saber que tiña obra nova: A Balada dos Unicornios

O día de reparto dos libros levamos un xogo para facer lectura-predicción: repartimos tarxetiñas cos títulos dos capítulos do libro e os grupos tiñan que decidir que acontecía nesa parte da obra. 

Despois, na lectura, xa contrastaríamos. 

Como sempre, marcamos os capítulos que nos comprometiamos a ler para a seguinte sesión. 

Antes de nada, conseguir que sentemos todas...

Aínda que sexa unhas por cima das outras
Pois nós pensamos que A Caverna dos Escaravellos é...
Pois nós decidimos que no capítulo da Cidade dos Cans...



Ningún comentario:

Publicar un comentario